isto non é un poema
Como reza o título isto non é un poema. É meu xeito de falar comigo mesmo xa que non teño ninguén con quen falar. Levo dous anos completamente só e miña mente xa destrozada por aquel entón só vai a peor. A psiquiatra mándame por segunda vez á unidade de prevención do suicidio pero sen moitas esperanzas. Xa pasei todos os tratamentos químicos e psíquicos e nada funciona por que nada mellora na miña vida, todo vai pouco a pouco a peor. E sí, quero suicidarme, cada día loito por non facelo e non o fago polo medo ó que deixo atrás. Polo medo a facer máis dano a Uxía, a meus cans... En calqueira caso está vai ser miña última liña de tratamento, despois diso a psiquiatra considera que as única alternativa é o ingreso indefinido. Fai moitos anos falaba con Paloma de que tiña medo a acabar tolo como meu tío Aquilino. E mira ti por onde acabei peor. Xa non servo pra nada, non só son un mal para min mesmo, son un estorbo pros demais. Non podo axudar a ninguén, non podo loitar po...