Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2022

Xoia

Lentamente desfaise nun palido aroma corre pola lingua e baixa pouco a pouco Lentamente rouba a forza de loitar queima ós recordos frena o latexar. Lentamente atrapa coa sua beleza  o branco sen pulir hipnotiza Lentamente  Lentamente bloquea rouba os recordos queima o pensar seu sabor na lingua lentamente camiña  lentamente corre por min silencia os golpes a celda asemella inmensa lentamente .

Aguantar

Permanezo quedo no sitio paralizado na trampa infalible da miña vida as pernas atadas polo fio da dor e da tristura non podo moverme non podo falar somente podo escoitar cheirar sentir o peso inamobible do meu destino que presiona no meu peito sen piedade sen permiso rompeme as costelas  cortame a respiración con dificultade sobrevivo á falta de aire miña mente esta rota e nela todo todo en tebras grises que non deixan ateibar as cores do mundo que me rodea somente estou eu e o mundo ó meu redor espero.