Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2025

Pé de páxina

 Non podo despedirme sen botar en falta aquilo que escribin e nunca publiquei: O primeiro de nadal, A Noite, O ser sentinte batente, Mensaxe a xxxx , Último tren, O fin da terra, Amizade, Perversión e por suposto Erotismo Herético. Perdidos están xa estes escritos. Pois neste intento de suicidio queimei non só as pontes que me unían ó mundo senón todo aquílo que me unía á cordura.

27 de Febreiro.

 Non son máis que eu mesmo unha nube de pensamento sorte de casualidade no tempo son o que non fun fun o que endexamais serei. Rompo nos versos meu corpo anacos pequenos libres de vida libres de todo inconformismo libre de soños e esperanzas. Son hoxe máis que nunca fracaso de quen nunca o ía intentar parvo inconsciente outro demente sen fogar. Incomunicado do meu mundo arroulo as cinzas do meu querer fillo ingrato e homicida expresión sentida dun mencer que non chega. Mensaxes baleiros de contido treban nos meus oidos somente odio ou compasión un ser de ficción que aparenta existir no espello. Horas antes da maxima expresión quinta esencia do meu ser berro por axuda unha última vez. Agradezo aqueles que escoitaron algunha vez miña voz. Por desagradable que fora, grazas.

O amor vainos esnaquizar outra vez

 Tremo no frío suor da noite É inverno Desboto ideas caducas por enésima vez. E rompo meu silencio no queixar da vida Topo unha lectura que me alonxa Máis se Cabe Da esquecida cordura Comemos novamente A temida despedida O ate sempre pouco sincero A gran mentira Que nós contamos a nós mesmas Deixemos que as verbas fagan o ruin traballo do corazón  Quebremos o vidro que nos separa Facendo dos anacos coitelos Pra construir un muro de sangue Nen bestas nin contos fan tremer meus ósos como o terror inherente a perpetua soidade que por min ou por outros, me foi imposta. Procuro palabras amigas ou simplemente palabras. Máis non hai oracións para min, nen frases curtas, monosílabos ou fonemas. Para mín é o silencio, a escuridade que envolve. O espazo construído por catro paredes e un teito dame o abrigo que preciso pra manterme deitado.  Son pois o asceta apostata. Renego da vida mesma e non creo sequera no esprito que alimento. Son pedra e son sombra. Nunca xamáis serei vida. o...