Outra noite de choros.
Laureado sufrimento embelece o silencio frio desdén da iñorancia perpetua o sabor requerido e negado recordo dos tempos mellores que agora volven implacables acenden o lume do crematorio vaise o tempo na escritura como forma inumana de tortura mazo forte na carne cruda do infraser que agocha a mentira do sorriso diario e da mirada escura visceras, ósos e vermella escuma irreversibles feitos marcan meu destino rimas ficticias e volatiles adornos faciles Non teño esperanza de facer versos non teño espiritu nin ganas non teño tempo quen eu era xa non son agora fecho meu comentario e rompo a crisma contra o culpable de mostrarme o meu reflexo toca a despedida cun pasodobre a paso lento final das cancions de amor.