chegados a este punto

Fun vítima da esperanza
A maior das farsas
Que che fai aguantar
Obriga a soportar
As dores máis inenarrables
As máis duras humillacións
E pra que?
Pra diversión dos sen corazón 
Que disfrutan vendonos cair unha vez e outra
Estoupan en felicidade cando un de nós di:
Desta vai a vencida
Vencida está a historia ós seus designios

Esperanza
De que me sérve
No teu nome cometeronse os peores pecados
Exiselo todo a cambio de nada
E nada é o que son eu por ti
Sinto envidia daqueles que
Golpearon a parede ate derrubada
E saíron desta vida polos seus propios medios
Eles foron valientes
Non coma min
Que son cobarde
E inda espero ó que non vai chegar
Así son eu 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela