Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2026

parte 7: Purgatorio

Cheo de pretensións  Ante un horizonte plano Mires onde mires A nada é o todo Pretendo ser o centro Máis de que? Supoño quen son Fágome á idea O xuízo finalizou Estipulouse a condena Non hai lugar a dúbidas Son un malo da película  Nin sequera o villano  Tan só un figurante  De vida fugaz en pantalla Caio sen oposición  Cara todas direccións  Enfrontando un chan branco Que contrasta coa miña escuridá Esperto do meu soño Non queda nada Desa paz infinita E a infinita culpabilidade Segue aquí Temome a min mesmo

parte 6: castigo

E perdín a vontade e o libre albedrío Rompín coa cordura e liberei o mal Que se acumulaba dentro de min Sen razón non compostura  Lancei as ofensas que non serán perdonadas E chegou o veredicto Culpable de tódolos cargos Inda sendo inocente de algúns Pasei a ser servo entón de outros Das súas draconianas condicións 

parte 5: Recordos

Os posibles pasados voan na túa cabeza  Algúns máis doces, outros máis agrios Un aviso para calqueira que os queira tomar Os posibles futuros non poden espera Recordas de min, como soíamos ser? Debemos de estar separados? Debuxando un novo pasado Que nos abra un novo futuro  Posiblemente non Os ventos traen recordos Que se xuntan no presente Formando as sensacións  Que me comprometen Co que son Co que fun Son as dor do futuro descartado Queimado hai tempo Pra xamáis ser visitados E non poden ser olvidados Por máis que o intente Recordo os sorrisos e agarimos As charlas intrascendentes E as de vital importancia Sinto inda a pel rozando  O respirar na calma da noite E as tonterías da mañán  O baile da araña cocainomaba Ou do troglodita E esconderme sen motivo Onde se me podía encontrar  O cheiro da cociña O ruído dos cascos  Pedindo concentración  A derrota asumida Que tanto dano té facía Tamén todo o que amaba A confianza absoluta  De facer cl...

parte 4: nostalxia

Recordas cando eras novo?  Cando radiabas enerxía  Tornando coma unha treboada brava Sabías estar no teu lugar Equivocarte só para aprender  Vencías tódalas grandes batallas  Por duras que fosen Por moito que tardará Gañabas unha e outra vez Forte e áxil, grande e forte Intelixente e decidido Trona forte tempestade sobrenatural  Ate que apagaron as luces E chorabas á lúa  Por un pouco máis da súa luz Por pálida que fose Por escasa que parecera Unha guía pra guiarme na escuridade Máis a lúa riu das miñas lágrimas Nova se tornou, irrecoñecible Perdido nas tebras Golpeando coas paredes  Chora en soidade brisa de pó

parte 3 identidade

Agora cada día loito contra meu ser Tirando por cada lado forte Rachando lentamente meu interior Dous lobos coma se soe dicir Máis os dous están famelicos E intentan deborarse Ningún dicta xa o meu facer  Ninguén os mandos  Imos á deriva Supoño quen son eu Cunha idea aproximada Cada vez máis difusa Que non se atopa no espello. No destello infinito no ceo Non chega lus dabondo pra iluminar Os ásperos caracteres que me definen Dequizá as tebras estexan baleiras E non haia nada que iluminar E xa non sexa ser senón un simple estar

parte 2: inocencia

E ti que querías se de pequeno? Eu sempre contestei sen vacilar Feliz, iso quería ser Máis xa medrei E os soños esvareceronse  A felicidade ficou en concerto E despois en palabra Tan irreal coma os dragóns que imaxinaba Como as grandes fantasías que pensaba Agora me decatei De que cando cría ser feliz Só era un tonto crendo mentiras Falsedades como os té quero Enfeitizado polo amor  Que nunca foi recíproco Nin tampouco reflexivo Parvo ate o final Ese serei eu E ninguén mais

parte 1: Infancia

Custoume medrar máis do debido Absorto en fantasías infantís  Perdido polo camiño esquecendo camiñar  Negándo abandoar o mar coñecido Rogando por un eterno éxtasis Que me quitara o medo a naufragar  Tardei en medrar máis medrei Se cadra máis do que tiña que ser Nun chisco era novo No seguinte era vello Decateime no mirar do espello Outrora brillante e esperanzado Agora apagado e cando de existir Medrei e agora Xa nunca voltarei Sentir o amor que antes me enchía.