Laguna
Non recordo quen foi o que iniciou a secuencia Nin as letras das cancións Que cantabamos Vivo nunha cómoda amnesia Que forma unha parede Entre o que son e o que sinto E aló no risón estou eu Fitando pras estrelas Do meu teito O meu dereito A observar Respirar Lembrar Non recordo ben Máis sei ben Quen é Que me fai vivir Sei amar E nalgún lugar Chegarei Amarei de volta A quen teño que amar Obriga xusta do destino Non hai desafío Non hai afrenta Só recordos rotos E pensamentos febres E amor O amor prevalece Porriba das ruinas Porriba de min Preciso só tempo Tempo para descansar E voltarei amar Prometollo Prometocho Amarei A quen deba amar E amarei de volta A quen amo Amor Difícil sentimento O mundo é maior Do que podes entender Inmensidade insólita Ruído insular Preto das pesquisas Chegarei a dar Co aquel que espera Unha última charla Un último champán Antes de morrer Antes de chorar Hai que celebrar Repouso no niño desta grande árbore Espero a chegada do vermello l...