Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2023

Entroido

Segunda parte do que fixen ese día en aulas. Estaba de mal humor si.  Non é elección precisar violencia é o medio imposto única supervivencia Choramos longo. Choramos Sufrimos Longo. Berramos Perdemos moito. Calamos Pensamos moito. Esperamos Chegado o día. Marchamos . ó ritmo do vento rompendo o silencio da longa noite de pedra. O estrondoso queixar fai na terra unha cunca enchida sen final das bágoas recollidas da sangue verquida pola terra. Ruido no corazón silencio na mente camiñar cara adiante as uñas cravadas as mans ensanguentadas levantadas en alto os ollos fixos os dentes afiados os lombos desgarrados Nosos lomos desgarrados xa non obedecen o látigo dentado do patrón desleigado do opresor foráneo o colono expoliador Lamentarano! Firmes Berramos Choramos Avanzamos Traémolos nós o sacho e o carro a revolución.

O vento do mencer.

Estaba eu en aulas, concretamente en Fundamentos da Organización Empresarial, e algo teñen esas clases que me poñen de mal humor, pra facervos unha idea estabamos mirando como ó mellor que pode facer unha empresa é despedir e contratar xente cada mes para ter os máximos beneficios e ós bos señores profesores parécelles de vital importancia que nós como estudantes de enxeñaría teñamos isto claro e despidamos sen medo cando (deus non o queira) teñamos un posto de responsabilidade nunha empresa privada. E bueno, que me enfadei un pouco. Fírmache o teu destino coa sangue derramada dando término ás vidas inocentes Soberbia e orgullo armas da cobiza un lume incontrolable converte o probe en cinza Asasinato, violación roubo e xenocidio Canta o vento: 'Non hai perdón co patrón' contigo. Préndeche a faísca a cacheira da ira somos combustible xa non somos vítimas somos nós os donos do no noso futuro somos cazadores ti a nosa presa somos xuíces e verdugos. Os fouciños rebrilan afiados oxi...