Ominoso silencio
Que sentido ten falar con quen non falar
Escribir as quen non escribe
Lanzar palabras á auga esperando pescar
A atención desexada ou de quen fose
Ningún
Pero as verbas fuxen solas de min
Nadas dunha esperanza lastimera
Claramente inútil e agobiante
Lastrando a ínfima oportunidade
De avanzar
E quen me di a min como chegar a ser
Algo que non fun nunca?
E nunca quererei tal
Quen aporta o puntal?
Onde construír un refuxio
Se ninguén fala
Se ninguén escribe
Non hai respostas
Tan só a soidade de sempre
Que carga miñas costas
Realentizando meus pasos
Onde queda a superioridade moral
Das ratas que fuxen do barco
Coa primeira entrada
Codeandose co patrón
Que abandonou primeiro a nave
Que queda da compasión
Das oportunidades
Do dereito a pedir perdón
aqueles que pensan ser mellores
Deixaran un mundo peor tras de si
Cementado nos cadáveres dos que
Coma min
Non puidemos aguantar seu mundo de merda
E dirán que falo dende o rencor
E que me queda senón a ira?
Somente ela me fai actuar
Fóra da costume inercial
Que leva directamente
Á morte en vida
Pero eu estou disposto a perdoar
E iso é o que nos diferencia
Por iso vosa superioridade non é tal
Senon egoísmo enmascarado
Individualismo absoluto
Carencia de piedade
Inclemencia ante o débil
Podo ser un monstro
Pero teño corazón
Baixo as lorzas e o pelexo
Latexa máis rápido que lento
E doe profundamente
Cada vez que penso
En ti
Creme cando digo que a maior
Das dores non é física
Non é típica nin espíritual
Non hai maior dor que amar
A quen debes odiar
E eu amo moi forte
E odio de xeito igual
Consumome rapidamente
E logo está por chegar
A decrepitude absoluta
A hora infinita
Que non verei rematar
Achégase o final
E será silencioso
Por que non van falar
Os que non escriben
Os que non ten
Os que olvidaron por sempre
A miña miserable existencia
Espero que aló onde vaia poida polo menos escoitarte unha última vez Uxía.
Comentarios
Publicar un comentario