Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025

through this live

Non vale a pena gastar no esforzo A enerxía necesaria pra comprender É máis sinxelo deixalo ir Vivir coas consecuencias  Esquecer as causas  Crecer e sentir.  Cando é libre miña conciencia Sempre penso en chamala Pero iso non está ben Supoño que nunca é o correcto O que eu fago O que eu falo  Son simples erros Como cruzarse no meu camiño É erro pra quen ten que soportar Esta soporífera porquería  Como dixeron algúns  Que non son de aquí  Mais aquí opinan  Os ventos movenme coma se fose eu nada A pesares de estar obeso E pesar un quintal Deixome levar Pola máis mínima forza Inda que me guíe mal E así estou Mentres estexa Perdido na miña cabeza Sen ganas de sair

Memorias esquecidas.

Que hei de dicir? Se ti tamén te fuche Se o mundo enteiro  Parece darme as costas Que hei de dicir? Se ti cambiaches Virache o rumbo E melloraches Que hei de dicir? Se eu tamén cambiei Mais perdín o norte E tornei nun monstro Non son quen de dicir Que aínda te quero Non teño dereito Nin teño esquerdo Non son quen de pedir Unha pouca de piedá Se non a tiben eu Contigo nin co mundo Xa non podo soñar Ate iso perdín Nin sequera chorar Ate iso esquecín  Mundo sen tregua Que por ninguén espera Nunca para o tempo Por máis que eu precise E xa non hai memorias Daquilo que tanto amei Rompo en dous e digo Eu tamén me irei

que me pasou?

Queres saber que eu non sabía  Que tiña unha conta en tinder E dirás "como non o sabías?" Pois esa é a cuestión  Eu non quero ter unha conta en tinder Eu non quero pertencer a ese clube de merda Pero pertenzo Non sei por qué  Osease, estou tolo Por que eu non recordo usar tal cousa Mais esta cousa existe Polo que eu son un tolo Unha merda ademais Unha merda tola De quizais teñan razón  E eu non debo traballar nunca Nin asociarse Nin reproducirme De quizais sexa certo Que eu deba morrer Parece cruel Pero é verdade  Son un peligro pra min mesmo E pra toda a sociedade Senón que sentido ten existir Ningún que eu coñeza A dureza da realidade é aplastante  Debe destruír está psique delirante Agora que estamos presentes  A locura e máis eu Agrupados Encerrados polo tratamento extremo É hora de arrancar o mal do mundo A resposta é un non rotundo Á vida  Toca morrer. Escribin isto nunha das doses de esquetamina que serven de terapia e teño medo.

Presencia ausente

Chegou a chuva, e con ela, a escusa perfecta pra non saír da casa  De todos xeitos levo anos sen saír, encerrado nestas catro paredes Son os feitos cos que loito día a día quenes me obrigan a deixar pasar a vida  Axudados pola autocompasión e a locura das miñas hipócritas palabras Nen tan sequera sei a feira na que estamos ou se terei cousas que facer. De todos xeitos tampouco ía facelas... Cando miro ó meu arredor Atópome rodeado da túa presencia O doce aroma do teu ser En forma de entrañable transparencia Coma se foses comandante Non deixo de ver a túa ausencia. Ausencia nos beizos que non bico A pel que non rozo con cada abrazo Na forza que tiñas pra facerme saír Esa habilidade innata pra facerme rir Mirote na correa de Chacho agora en desuso Nos pelos que quedaron atrás de Micha Nas infinitas miradas ó meu carón,  Esperando que unha vez máis estexa A túa man forte porta dun lugar tranquilo No último parpadear antes de quedar durmido Nos xogos que nunca máis xogarei Na...

Crenzas incorrectas

Comezo crer na xente cando me di diferente Alleo á estable normalidade que todo o permea De quizais as cousas sexan doutra maneira De quizais non é o mundo. Son eu quen erra. Trabucado no ouvido cando escoita promesas  Na vista que olla miradas ternas e extensas  Errado no tacto da suavidade inagotable do contacto coa súa pel Errado, en fin, en todo aquilo que penso, ou pensaba, ou pensei Vexo agora con amplitude a quedume deste mundo Nun movimento perpetuo sen sentido nin final O mesmo era non mover nada que dar voltas en círculo  Non existe no mundo a bondade sen interés  Non existe a raiba Non existe a compasión  Non existe o agarimo Non existe o amor Tan só un truco de ilusionista ben elaborado Que me tivo toda a vida enganado Crendo na maxia coma un neno cre no seu entorno Estou errado en todo o bo Preclaro en todo o malo Estou só  E sempre estarei.

Tempos do nadal

 Acheganse días de dura soidade Precisarei tempranza pra sobrevivir e curtir e aprender algo desta terrible experiencia. A espada de damocles sobre a miña cabeza. Hei preparar o entorno, aseguralo con presta eficacia e esperar non cometer erro ningun por onde escape o meu xenio. Ese eu que non son eu é o maior de todolos meus medos director cruel do meu sino nos peores momentos do meu ser. Achegase pois o nadal. Xa pasou o día primeiro única festa que celebraba e que non teño permitido celebrar o resto é un frio deserto no que non quero estar máis debo. Deseaime sorte de cara a esta terrible época, a poder ser con cartos que veñen bastante ben. Por iso de levar seis meses vivindo da caridade, estaría guai deixar de facelo pero non hai xeito de atopar traballo. Con Dios.

Irreversible

 Hai feitos que asoman máis aló do que debemos observar Cuadros irreais que, con precisión quirúrxica, Describen o chan que pisamos. E entón? Que sentido ten todo isto O sufrimento e o pracer O recordo e a espectativa Non son máis que válvulas dun circuíto  Sementes clasificadas nun viveiro  Enraizadas na terra sometida. Que son os sentimentos senón obstáculos  Que impiden alcanzar o derradeiro obxetivo  O último reducto de esperanza na vida  A planitude infinita e inalcanzable  O límite horizontal que é a morte A calma e tranquilidade da inexistencia  Valiente parvada estou dicindo