Diferenzas de presión atmosférica chegan.
A poesia é o amante incondicional da música e rendindo culto a este amor puro collin inspiración dunha canción dos labregos <<Un vento ven>>. Nun momento entreaulas escribín este texto aditivo de baixa calidade que agora transcribo aquí via tablet. Collereite da man e levareite lonxe fora deste mundo cara un mundo novo que erguemos cas verbas que deixamos tras de nós os poetas Contemplaremos o futuro o presente e o pasado. Cantaremos xuntos ó compás dos paxaros que anuncian cada estrofa coa musica do pequeno e do grande. Disiparemos a escuridade e a neboa Da iñoranza e do neutral. Miraremos ó ceo e cando aloumiñe en nós a infinita luz do sol que quence todolos soños todolos prantos todalas penas e todolos amores collidos da man berraremos. A poesía é o grande milagre do mundo