Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025

Un paso atrás.

Unha ollada fugaz veleu mil palabras Un vento frio que conectou por un momento As alonxadas mentes outrora unha. Destino truncado ter pasado pola cidade Que veu nacer o noso o amor Que veu morrer a miña mente Boto en falta as palabras que nunca dixen Os berros desgarradores case inhumanos  Os insultos  As queixas Boto en falta o que non foi. Vivo entre as reixas Que afogan os espritos Sen quen me dar a mano Pra romper xuntos o dique E ser por fin o que son Maldigo a cidade de Vigo. Maldigo ós férreos indolentes, maldigo o día e a hora na que me atopei conmigo. Maldigo o cruel destino. Deu marcha atrás uns días, chegando a tempo. Ó derradeiro día da miña vida. Máis só será un intento. Cobarde pra vivir, cobarde pra quitar a vida.