tan só habías de esperar, ou non
Vagamente sinalaches o lugar
Eu ía decidir o tempo
Encherme de coraxe e subir
Gabeando pedra a pedra.
Máis caín polo camiño
Unha vez tras outra
Máis ti sinalaba
Eu debía de chegar
Non era máis fácil aprender da caída?
Sorprendernos rindo da desgraza
E elexír un monte distinto,
Ou se cadra unha chaira?
Non era máis doado deixar de sinalar?
E falar das pedras superadas
Olvidar as que quedaban por superar?
Pero ti sinalaba e eu caín unha vez
E outra
E outra
Cada vez máis fondo
Baixo teus pés
E onde esperaba unha man
Topei o dedo índice
Aliñado coa pena máis alta
Pode que chegará un día a conseguir
Semellante proeza do alpinismo
Ou pode que morrera na caída
Máis sinalaches unha última vez
E marchaches cara arriba
Onde eu non podía alcanzar
Rozar a man salvadora
O único xeito de conservar
Miñas ganas de subir
Ou Sequera de baixar
Pra non ter xa nada
Dabondo fixeches pois
Grazas por todo
E grazas por nada
Comentarios
Publicar un comentario