Política involuntaria
É curioso o papel dos astros no ceo Neste mundo no que vivimos Serven de tótem ó que adorar Para aforrar en psiquiatría Que diría altaïr nesta longa escuridade Que nos rodea Se soubera Que o usan pra enganar E roubar a quen non pode Pagar o que debe Ó final non son alleos Ás penurias que vivimos Mentres respiramos e durmimos O mundo xira e os monstros coa lúa Viven Entre nós Non hai capataces Non hai rapaces de dourados xeonllos Nin longas pernas adornadas con brillantes Non hai mans inpolutas Nós sós somos suficiente Pra enarborar a bandeira Vermella, branca e azul E rematar coa inxustiza Cos que cobizan Un futuro de morte e soidade Pra viviren ceibes de todo engano De todo explorador De todo aquilo que estoupa Das bombas da miseria e a fame Das relixións e inculturas Que artificialmente nos separan E ser dunha vez nós sós Libres pra explorar E liberar o mundo E as estrelas Mais aló deste ser que esperta De mala maneira...