xa non par.
Nós
Eles
Sós nun mundo gris cheo de cores
Olvidado da man de quen o creou
Esperando o milagre que non chega
Ti
Eu
Non somos máis que xente de a pé
Camiñando baixo o sol prometido
Sen poder disfrutalo ou permitilo
Preto
Azul
Cores do ceo que nos arruma
Consolando as almas xa perdidas
Nos cómodos seos do fracaso
Chego a ti?
Ou é o muro tan groso,
Tan duro e alto,
Que non chegan meus choros
Dentro
Fóra
Conceitos difusos que definen
A postura inamovible que tomamos
Coma se puideramos ter razóns
Si
Non
Palabras que poden ser máis que palabras
Se son entoadas no intre correcto
Que xa nunca escoitaran nosos ouvidos
Querer
Odiar
Contrarios que conviven na miña mente
Cando escoito o nome que gardas
Celosamente pra eu non poder dicilo
É somente eco?
Palabras devoltas no aire
Denso coma o fume
Das fotos queimadas.
Comentarios
Publicar un comentario