Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2021

Decadencia do ácido úrico (Prosa forzada por unha dramaturga novata.)

 Camiñaba eu polo arcén da carretera mal chamada nacional que une os puntos setentrional e meridional da península. O motivo de tal camiño non era outro que a necesidade de coller gasoil da gasolinera da Portela, posto que meu útil utilitario automobil agora estacionado pseudolegalmente preto das escasas prazas de aparcamento que rodean á de Puri, deu aviso da reserva.. Minutos antes da situación anteriormente descrita estaba eu co meu carro na marcha continua e axil na misión de repostar pois o depósito pedía clemencia días fai. Xa pasada a ausente sinal de trafico que atestiguaba a prohibición de adiantar nunha curva digna dunha montaña rusa abandonada, o aviso vermello deu seu ultimatum, teria que parar menos dun kilometro costa abaixo. Pois é o caso que ia eu andando polo arcén cando miña vexiga, contraria ó deposito do coche, rebosaba alegría en forma de orina. Así pois decidín subir ó monte colindante e detras dunha arbore   (EUCALYPTUS)   a   aliviar a dor do ...