Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2024

Amor último

 As queixas morreron, e con elas A esperanza que esmorecía entre meus dedos Rompe unha corda e tensa outra O solo final do instrumento de corda O último son a emitir Un último ollar o pasado Un último soño  O contacto forte queima a pel Que dereite en vermellas feridas Cedo está xa a cima E non precisarei arnés Descansarei no frío cumiu Atrás queda meu camiño Adiante o dos demais "Unha última vez" Meu último berro Escapa o aliento Non podera ser o que xa foi Inda que non teña recordo Xa vivín meus últimos. Somente falta un novo O descanso no frío Decálogo Obri por lerme a todos os que o fixéchedes ó longo desta triste historia. De como afundin miña mente na brea máis escura, agora non podo xa saír, meus coqueteos inocentes tornaron en necesidade insana e agora non podo superar a abstinencia. Hei morrer nalgun momento. Como todos morremos unha vez na vida. Inda que eu vou morrer dúas.