Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

fásmido insular.

Tristura é o castigo. Inconmensurable tortura Tanta que antigas nela Perdido entre súa escuridade Pra sempre O dano cerebral é irreversible Ó borde do colapso Súa fráxil estrutura espera agonizar porfín E mentres esperas fórmulas mil preguntas ó aire A neve cae do ceo e te enterra Non hai ningunha resposta Son unicamente palabras Algunhas cousas non se deben de saber Máis ti preguntas sen cesar Sen té decatar de que estas cuberto, frío e entumecido Incapaz de moverte Todo conxunto de palabras foi dito Todo intento de achegarse rematou Todo rematou en fracaso E aquí segues.  E por que? Inercia pode ser ou unha fútil esperanza Nada que vaia cambiar o feito irrevocable De que estas morto antes de morrer Respirando o aire viciado e reciclado Unha e outra vez

augas tranquilas

Esquilmado polo paso do temporal  Agora calmo Reflicte a imaxe de sí Magoado e aqueixado Morto por veces Rogando perdón Pola dor provocada Cando o vento cortaba E a área  enturbiaba asúa superficie As ondas erraticas e fortes Sen patrón observable Golpeaban todo Nesta estática tranquilidade Observa súa futilidade O caos e a destrucción provocadas  E sinte a desesperanza O duro golpe do tempo Que nunca volverá cara atrás  Ó fondo outra treboada

Algo

Sempre quixen escribir algún artigo Algo que deixara impronta en alguén Mais non tiven a vontade ou oportunidade Limiteime a escribir mal Poemas mal feitos Agora xa non podo. Por culpa de min mesmo Ninguén me considera listo Ou sequera versado Non o son Máis quixen selo Quixen ser algo  Algo a considerar Ou algo