Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2025

Segundo escarabello

 Non é unha pena? Ter que escribir O que podería falar Ter que calar Pra non enfadar A ninguén Non é unha pena non bailar? Ó son das mil cancións  Que musican nosas vidas Dar mil voltas e cair Entre risas e flores  Non é unha vergoña? Non é unha pena non xuntar as mans? Nunha cadea enorme case infinita E derrubar dunha forte patada Os muros que nos separan Da auténtica felicidade É unha pena Pero é o que hai Soñar é heroico Pero só é soñar E é unha pena Non si? Saber todo o que sabemos O un do outro E que non signifique nada Non é unha pena esperar? Non falar é triste Pero máis é non amar Que pena Que pena Que remate este poema Non é unha pena?

Filos brillantes

 Hoxe volvín facerme dano E topei que inda sangro O corazón segue bombeando E inda así síntome morto Boto o vao no espello Escribo nel un nome Que non debo falar Nin dicir que o recordo Que son agora eu Dimo ti que xa non estás En que me convertin Todos os que eu quero Marchan pra non volver Cedo estarei só  Coa compañía do recordo E entón como vai meu alito Nubrar superficie algunha Apartarei todo estorbo E profundizarei na ferida E se entón sego vivo Marcharei como a cinza Nun vento forte e violento Onde non me atopen máis nunca E non se escoite este tormento Entre as estelas do tempo Desapareceran os sentimentos E eu con eles E será o fin Por fin O dado polo recibido.

Honestidade

 No medio da tristura Que enche meu corazón  Só hai bágoas no meu interior Eu procuro unha saída Deste inferno que me envolve  Son o fráxil recordo Atado á eterna morte Deixado da man da sorte Modesto ate o final No medio do sufrimento Só rezo a min mesmo Alonxando as verbas falsas Da vosa compasión  Que aviva miña idea Honestidade na morte Adornando o gran final Libre da tolemia Preparado pra chegar

O que penso agora

 Sempre ollo ó pasado Tendo que vivir o mañán Recordando tempos mellores E chorando ó pasar Os mellores dos tempos O incerto inverno que espera Contra o seguro verán que marcha Dous muros que se erguen fortes Tapan sol deixándome a escuras Apenas deixan respirar O aire outrora abundante e puro Agora escaso e cebado Sempre busco no principio Outra ruta que tomar Pero xa quedou atrás Faría un mellor agora Iniciando pasos cara atrás Máis non podo Recordo ser feliz E penso niso agora Por se había algunha dúbida Era feliz.

Mosaico

 Pezas separadas por silencios eternos Negrura do alquitrán rezumante dos pulmóns E tristes trozos de coleccionista brillantes  Mesturas extrañas imaxinables  Fan deste o  retrato derradeiro  Velaí vai. Cabelo escuro e rizado sen exceso e sen control  Ollos desorientados, pupilas dilatadas Mirada perdida entre a multitude, buscando algo que non se pode atopar Cellas grandes e descuidadas Bolsas escuras baixo os globos oculares Pel morta aló onde mires Fugaz pestañeo de mil sombras Respirar irregular por algún dos buratos Pelos rodeando todo  Beizos secos puntiagudos e baixos E máis aló unha masa informe de graxa, auga e derrotismo Suxeita por unhas pernas que con dificuldades cumpren co seu traballo Cheiro a morte ou algo que se lle parece  Son eu Así son  Unha molesta mancha Nalgún corazón  Perdón.

Cachado

No breve momento entre miña memoria E a memoria do seguinte que me sobrevivirá Hai un espazo enorme libre de contido  É aquí este espazo  Animovos, non, exisovos que ocupedes este espazo e me escribades algo. O que queirades. Ocupade miña memoria e deixar de rexoubar

Breve resumo do que pasou

 Abre teu corazón Entrarei ó asalto Queiras ou non Son todo aquilo que ves Todo o que crece no mundo Son a mesma vida O álito do teus pulmóns Son promesas e actitudes  Son o mundo O tempo para á miña orden a forza inamovible o proxectil imparable Todo son E ti es por min 

Mal poema

Os meus ollos bailan Ó son da música Oscilan na letanía  Que abarca todo o meu ser latexante A existencia de min mesmo Parece un enigma a resolver Unha pregunta lanzada ó aire Unha papeleta collida sen ver Un extraño rondando na rúa  Son eu acaso? Ou é un soño? Un breve suspiro mentres loito 

Inconexo

 Respira forte O aire trae consigo O irreverente informe Da tolería que tés  Chegados estamos  Non contigo Senón sen min Rumiando o castigo Dor que sentín  Sinto agora O mundo rodea miña cachola  Abrazando forte o seu contido  O todo rompe os ósos e chega ó interior Discerne ceo de inferno  E inda así os amalgama Nunha única materia Que alimenta a ialma Nesas estou Perdido no meu ser Sendo eu o rei Sego aquí perdido Por sempre metido Na abafante espiral Deste torbeliño  Human e animal Ate o final Estexa eu só  Ou contigo  Tanto dá