Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2025

Título perdido

 En tempos de tristura Levado pola locura Abro as feridas Que perduran Boto sal no sangue nunca curan Somente doen Co peito aberto de par en par Mostró meu ser máis íntimo  Ante o reflexo do espello Recordo o momento ínfimo Onde o corazón inda latía E tiro con él pra non máis sentilo Un último ollar ó vivido  E con lágrimas o olvido  Onde nunca máis poida danar E inda que eu non poida sanar Non ferirei a quen é querido Trafego innecesario  Todo o percorrido Pra chegar ao ningures Nun só barrido Borrei as miñas huellas E quedei esquecido Por quen eu non esquezo Olla no horizonte o inmenso mar  Rompendo forte contra as rochas Gardar os segredos máis escuros E lanzalos á imparable marea Pra que os leve consigo Alá onde leva O esquecido Os mortos Os vivos  Xa non ten sentido Negarlle o ser

Declaración

 Non teño dereito a chorar Pois outros choran máis ca min Non teño dereito a empatía Pois outros sofren máis ca min Non teño dereito a falar Pois outros non queren escoitar Mal momento é sempre Pra expresar o que sinto Non teño amigos Compañeiros Non teño ninguen Que rece por min Moitos son os males Que adolecen este corpo Moitos os cristales  Que cortan esta mente E de todos eles un sobresae Coma unha avespa entre as moscas Pica con maldade a soidade Miña gran derrota Negouseme a felicidade De mil e unha formas Pero sen dubidalo A máis cruel non é outra Que o silencio ó que me condenas Só cabe preguntarse cando Cando será o último estímulo  O derradeiro exercicio de honestidade Modestia ate o final Cando será o final? Desta inútil vida. Cobarde pra vivir Cobarde pra quitarme a vida Máis eu non teño saída Xa non teño nai Nin o amor da miña vida Non me deben favores E non actúan sen deber Non hai empatía Nin pena fría Somente odio  Silencioso  Se nada cambia Qued...

Fálame

 Se es ti quen olla meus adentros Explorando as verbas sen sentido Que boto aquí como residuo Fálame  Só entón terei sentido E existirei

Palabras do fracaso que non o ía intentar

 E entón entendimos por fin non era senón odio aquilo que sentia Rezumaba seu veleno polos poros e eu respirabao entusiasmado Agora ten sentido todo aquilo Que entón só parecía desatino O dereito de chorar unidireccional O deber de estar sempre tranquilo As ameazas veladas que non entendía ate ser cumpridas e executadas as pedras caíron todas xuntas Fundindo meu peito Non fun máis que un breve suspiro Un entretemento  Un tonto necesario Polo ben dos demais Senón que significa A gran mentira final Que significa té amo Antes de me matar Destruir da memoria Todo lugar que ocupen Desterrarme ó inferno  Do silencio Entón toleei En min naceu un monstro  Que non podo deter Cando crece alimentado Pola dor do día a día Racha miña mente E toma o control Pedirei perdón sempre Polo mal que eu fixen E polo que fixo o monstro Máis por unha vez  Non quixera ser o xulgado Non me sentir culpable Inda que sexa só unha vez Antes de morrer Quixera ser a vítima E non o verdugo Amar ...

Quen caraio le isto?

Non adoito ver o televisor, como moito poñollo para facerme compañia cando estou só demáis. Pero onte mireino activamente, no peor momento, no peor lugar. Velaí estaba, o prisma da miña desventura, o obxetivo dos meus rezos, a resposta das miñas preguntas. Velaí estabas ti. E tua imaxen rompeu en min aquilo que levo construíndo máis dun ano, é máis, rompeume a min mesmo. Non haberá intento de lírica hoxe. Non busquedes máis. Hoxe só hai arrepentimento e dor.

Última marea

 Tiña esperanza nas miñas verbas Creía coma quen cre en deus, nelas Que son? Nada Non sirven Nen sequera para facer sentir Quen son Quen era Que pasa. Nada Polifacéticos Así definían E mentian Non son bo Non son nada Só unha esquirlas Introducida nunha enorme existencia Polvo no vento Kansas  Loitei deseguido contra a definición  De min mesmo en condicional Quería ser por ser Autoxustificar a miña existencia Máis non podo Non logro Ser eu Sen ela Non podo Simplemente non existo É Lóxica académica Fico aquí Nun mar de nada Arrastro polas ondas meu peso Con dificuldades Respiro Volvo en min Por momentos É agónica esta loita Regreso afogando Ó mundo sensa tempo Que xira Engranaxes cortan o vapor Do meu álito Luces escarban nos meus ollos Mentres esvaro nas cortiñas E deixo de sentir  Os dedos desaparecen Pouco a pouco Instrumentos de rendición  Non serán contemplados Ceden os párpados Por momentos Roen e roe  Aspas afiliada Desgarran carne Basta definición...