Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2021

Secuencias en PLC.

Co comezo remarcado entre puntos e liñas frechas arbitrarias delimitan o estado. Transicións condicionadas cara o momento adecuado marcan o funcionamento das maquinas desexadas. Plantexo o problema o que ten que suceder, como e cando. sen dubida nin dilema. Avanza lentamente chega o momento rematado o traballo o momento finalmente chega Transcribo a mensaxe configuro ó programa pasa a triaxe diagnostico:  Vai Funciona Ben Falla Procuro nas liñas o erro cometido. aparece? probo. Erro catastrofico. Isto non era. Cago en dios. Adicarlle un poema a un entorno de programación de autómatas, ate isto cheguei, o poeta fracasado estuda enxeñaria. Son máis de KOP que de FUP, inda que prefiro o Graph.