diagnóstico tardio
Onde estarás ti?
Cando meu corpo rache
E non palpite máis meu corazón
E camiñe direito á luz abrasadora
Que será de min?
Terei lugar onde chegar
Será acaso tempo de cambiar
Que cheirarei por última vez
Afrontareino sen medo?
Ou temblarei cando meus ollos paguen
Terei oportunidade dunhas últimas verbas
Ou ben Sequera ti as vas escoitar
Demostrarei dunha vez que eu tiña razón
Ou cairei na doce iñorancia unha última vez?
Será logo un alivio saber o final
Por cedo que sexa
Inda que este mal
Acariciarei ás que me aman
Inda que sexa na infinita distancia
E ti estarás entre elas
E tras de min un regueiro de caos
De vidas destruídas pero tamén
Do máis sincero dos amores
Recordasme?
Recordas como eramos?
Estarás preto cando o requira?
Ou incumplir as a última das túas promesas?
Se ben non teño diagnostico definitivo cheira todo a un final anunciado e pronto. O peor de todo non é a incertidume nin a soidade que me espera nun momento tan tráxico. O peor é que levo moito dexexandollo.
Comentarios
Publicar un comentario