respostas sen pregunta
Sobrevoando as cabezas
Ás de esperanza
Ou desesperación
Algunhas de tolería
Outras de cruel cordura.
Os días de antes non voltarán
Perdidos quedan os días e os anos
De inocente felicidade e mente sá
Fecha de su porta do sorriso querido
Pra non voltar escoitar
Recordasme?
Como eu soia ser?
Non como son
Recordas estar preto?
Eu non o logro esquecer
O código relixioso que rexía en min
Volatilizouse nun intre é pra sempre
Quedará perdido sen poder voltar atrás
A memoria perdida non se pode salvar
Xoga ás agochas no fondo do mar
Agora camiño sen destiño no meu ser
Deambulando polos pasillos do recordo
Buscando unha entrada que non existe
O umbral definitivo que me leve a descansar
Pero está escuro e non hai luz que o ilumine
-------------------------------------------------------------------
Como explicar aquílo que sentín
Cando quedei só e sen tí
Alonxeime de min mesmo é observei
Como eu mesmo non era eu
You locked the door
Throw away the key
There is someone in my head
But is not me
E a medida que me alonxaba
Deixaba de sentir
Deixaba de pensar
Non sequera podo recordar
Máis aló do triste sorriso
Que despediu o para sempre
Dando benvida ó ate nunca
Pode parecer que tomei a vía fácil
O camiño máis rápido para meu fin
Pero non había fin ó que chegar
Somente había néboa
Desorientación
Non había lar pra min
O fondo do mar parecía
O lugar correcto.
Onde miña mente se especira
Mirando dende o alto
Alleo á miña propia destrucción
Máis sendo cómplice necesario
Dese acto de autolise
Que me levou ó inferno
Do que nunca máis sairei
Quen ía decir que pedir axuda
Era pecado mortal
A ser castigado
Nesta vida e maila outra
A pesar
Das promesas emitidas
De que non me ías deixar
Escribo nunha noite máis de insomnio un poema que intenta describir o indescriptible. A verdade detrás da ferida letal ó amor derradeiro e ós soños de nenos pequenos que soia ter.
Non vale a pena soñar con nada, aló menos eu non o preciso máis. Nunca se fará realidade ningún desexo, elevado ou terrenal. Chegarei ó meu final sen ter feito nada. Sen ser pra ninguén nada. Só sen quen me chore. Así sexa. A min dame xa igual todo. Só quero que remate dunha vez está vida e con sorte equivocarme unha vez máis e ter se cadra outra oportunidade onde volver sufrir.
Comentarios
Publicar un comentario