Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

Introspección

 Rompo as costelas  abrome o peito nun intento funesto  de fuxir de min mesmo cara o inmenso deserto de mentira e saudade tripas coléricas lume no sange a dor que non se olvida queda nas carnes Son a colleita poder dunha vida mal vivida rompo as costelas quebro o pescozo achegando meus ollos entre sangue seca e carne queimada procuro topar en min non hai nada.

Mencer invertido

 Son sombra naquela luz que só foi lume máis un día lonxe e esmorecida sombra invisible entre as tebras no fondo dun xarron baleiro que nunca cheirou flores.