Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

os cativos maiores

Sorprendesme no sono Soñando con eu solo Enfronte dun muro invisible  E ó outro lado as nada Da realidade ó irreal Téñollo que cruzar Frente con ladrillo Golpe a golpe Un chisco máis preto  De ser algo ó fin Peixe grande no deserto Eu e ti e ti máis eu Rompemos mutuamente Como tal nos queríamos E agora é diferente Xa non hai razón de ser Máis aló da inercia Non é senón esa A chamada quinta esencia Do amor Darse conta da verdade Que non vale a pena É un soño de crianza pequena E toca traballar e preocuparse Das facturas por pagar Da fame que quitar Do infinito do mar Que endexamáis explorarei Dos tempos felices Ós que nunca voltarei Mal fixen cando pensei "Desta vai a vencida" E agora arrastro polo chan Encadrado de por vida Famento como un can Mais non de comida. Quen me dera unha partida Dos xogos de antonte Terte en fronte Pra poder té mirar É dicir por vez última "Quérote" Antes de esmorecer

11 de marzo

E un día sen máis  Un agarimo levou a outro E este a un maior E sen decatarme  Caín rendido  Asombrado  Pois non pensaba posible Mesmo tachaha de ficción  Aquilo que sentín  E sinto Un intre, Un só bastou Pra tirar por terra a teoría E encadearme para sempre A este sentimento  Que non se pode afogar Que hei de dicir Pois o chegar o momento Meu corazón parou Para se reprogramar E latexar pendente doutro patrón  Daquel momento vivo agora Só co meu pesar So podo pensar Recordar vellas escenas De cando era eu feliz E esta é de todas as máis importante Non por ser a mellor Senon por ser a única Que foi capaz de salvarme Unha vez e outra Dequeizais desta tamén poida Levarme a un lugar mellor Inda que sexa na miña memoria

se isto chega a ti

Quero falar contigo Non falar do pasado Só falar do contido Deste mundo que compartimos  Queiramos ou non Só quixera Volver ser teu amigo E pra que me vou enganar Por querer quixera ter Unha oportunidade De xuntos ser Outra vez O que fumos  Non debo falar Máis nada Bastante mal fixen Por ti Por min Pra todos  Perdón 

día previo ó día

Mañán sería o día máis feliz da miña vida Se non fose o máis triste deste ano O único día sagrado Que eu marco no calendario  Listo pra protexer do mundo A sacrosantidade santísima Desta data querida  Por min E ninguen máis Aparentemente ____________ Respiro só  E ó tempo  Non respiro  O aire entra máis non sei por donde Non podo saber de min mesmo Nin sequera seu cando serei eu Quen decida  Máis teño clara unha cousa  O amor que nos esnaquiza  Tamén é o que nos une Inda non sendo complementarios  Cementa forte a realidade Nosa comprensión de nós  Dous

mañan

Recordo o sorriso cando pensei Que sería unha gran idea Emocióneime pensando na reacción Ó ver a sorpresa que levaba gardando Celoso de da calqueira información  Soñaba con ese día Que nunca chegou  Nun día dous anos desde día Que saltou o calendario Coma se non existira Oculto entre sangue e pastillas Soterrado no meu recordo  Queimado polo lume  Iso quedou da miña alegría Cinzas irreconstruibles E preguntas  Moitas preguntas Para ti Que nunca puiden formular Terei que vivir sen resposta Como hei de vivir sen ti Só é triste Iso son eu Iso serei por sempre Por culpa miña e por culpa de todos  Soñaba con día da sorpresa e o día da viaxe Ese coche que nunca arrancou ó sur Mais nunca E nunca máis arrancará  Que mal día aquel que soñei  Que pensei que me querías  Malo o día seguinte, pois tiveronme que espertar Do doce soño que vivía Sen sufrimento nin recordos Baleiro de contido Desaparecido Que desagradecido son Con quen me salvou a vida Gran t...

sinto non ser mellor persona

A dor crebame as costelas Afonda no meu peito Faime ver entre as tebras A luz que ó lonxe emites Mentres eu me apago Lentamente As bagoas mollan o chan Inundan meu mundo Afoganme de pena Lentamente E que hei dicir de ti  Es feliz mentres eu afundo Non me alegro  É inxusto Que eu pague todo o custe  E ti non sufras nada Gustaríame ser mellor persona  Alégrame por ti Polos teus logros Máis non son quen De sentir algo bo Somente O golpe foi brutal  O efecto desproporcionado  Quixera deixar de sentir Somente 

berro de ira

Chegamos ó punto de non retorno  Guerra no mundo enteiro Silencios cómplices  Pobreza sistémica, fame e miseria Un mundo esgotado que rompe por dentro Odio ós débiles, opresión dos fortes Veleno nas veas e nos pulmóns  Miles de condeas para os inocentes Mentiras feitas por encargo Crecen e crecen os malos E os bos xa non están connosco Non hai man firme que levante o fusil Pra achegar o soño que tiñamos  Só queda afogarnos Nun mar de desesperanza Esperando o último día E eu aquí Só é somente Derrepente Penso en ti  Que me faltas