Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

que queres de min?

Se acaso queres algo Que será? Saltos contínuos sobre as fendas Ou discontinuas mortes por chegar Brila lonxe, aló no ceo  Onde non alcanzan meus ollos Miñas mans Meu ser  Máis aló  Sen medo a deslumbrar Apaixonado o mundo Coa túa soa presenza  Vivindo á carón de ti mesma Rachando as cadeas que te escravizan Mentres abandono a conciencia  Marcha de min todo o impropio  Queda só a esencia Aquilo que me pertence E non podo compartir  Por máis que queira E quero

un determinismo vital

Tomaches de min todo o que era teu Ate a última esperanza Puxacheme contra o muro E espido Quedei ante o mundo Non deixaches máis que ausencia Ausencia nas noites  Os abrazos que non volverán ser Os tacto suave da túa pel  Olvidaches de min Eu de ti non olvidei Non poderei olvidar  Aquela que foi miña vida  A miña familia O meu fogar Agora ando pero Roto sen ter onde chorar  Sen forzas pra berrar Que inda así te quero Decheste a volta Dándome as costas Alonxandote o máis rápido posible Non sei con que intención  E perdiches por favor  Que non me fixera dano Pero o dano xa estaba feito Feridas profundas que nunca fecharán Miroume cando inda que durma O día a día é o día menos Que me achega ó final Afogandome lentamente  Síntome apartado  Sen dereito a existir  Pois ti non me falas Ás veces penso na sorte que tes De non ter que sufrirme Tolerarme Mirarme Amarme Eu tampouco o fago E xa sei Que é meu deber loitar Crecer e confiar Quererme Má...

Chiste sen graza

 Crávome as unllas na carne espida zarpazo a zarpazo arrinco a pel pra ver a sangue e os ósos rompendo meu ser en anacos deixo a mente en branco afasto o meu pensamento das verdes costas do recordo non cair no remordemento e morrer no intento de soñar de volta cun futuro cal foi a afrenta definitiva? que fixo inborrable a ferida pra merecer tal sino de ostracismo e desgraza as ideas acuden coma os peixes cando a carnada é do seu agrado con intencion de todo devoralo alleas ó perigo que na superficie espera E mentres a man gotea  miña existencia se desvela como soidade infinita sen atisvo de esperanza sen ganas de seguir permanentemente...

oes ti

Que fas aquí? Fala comigo porfa 

agochado nas tebras

Longo tempo permanecendo quedo Sen nada que puidera saír de min Máis que bagoas escritas do meu pesar Nin sequera hai novidades que divulgar Sobre a miña vida Simplemente existo Sen causa ou reacción aparente Estou  Son Ou iso creo  Crevalle as pernas  Que non escape Tullido e mougo Así son  Así serei Por sempre Ate a morte

5 de abril

Recordo a gaita anunciando o día  No que crecín un pouco máis  Recordo como era a historia Que me contabas sen pestañear Recordo cada mentira Cada promesa que non se ía cumprir Recordo ben o día No que fun feliz Lonxe queda ese día E lonxe a felicidade Lonxe quedan as mentiras Lonxe de min ficaches E lambo as miñas feridas Que nunca van cicatrizar Lonxe do que eu era Lonxe de verte marchar E saber dunha vez o que era a vida