Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2020

2 de setembro

A Lua As catro estrelas que alumiñan Nun ceo contaminado Da luz impura do outro lado da ria No frio da noite Esperto, sentado nunha feble cadeira Que berra ante a tarefa  Aguantar o meu peso As sombras das luces  Escuras e alongadas Nascentes nas farolas  No chan enterradas Nesta escura noite Que eu miro ó chan Creban meu xuizo  Non podo pensar Que será da miña cordura Neste duro despertar Pola noite fecha Unha estrela no fogar Apagase e con medo Deixa de alumiñar Unha lampada fundida Que non sei cambiar Nin reparar O vento frio aviva meu recordo Do soño esquecido  que non debia retornar Non pes sentidos,  o movemento das arañas Miña unica compaña  Neste terrible fungar Penso no vivido e penso no fogar Nun futuro torcido Que neste intre morre O cheiro fede a podre So quero rematar Este asubio infernal Que rompe o silencio Da lua celestial. E que hei dicirche A ti miña esperanza Cabo que me ata As terras deste mundo Meu amor que eu quero tanto Como dici...