Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2025

Pluma

 Estou preparado Voar é agora un xogo Marchei tan lonxe como puiden Deixando tras de min aquilo que amaba Soia bailar cás ás que atopaba no camiño  Xordo ritmo das plumas caendo  Facendo deste animal un ave vello Desexando cair unha segunda vez Lonxe da casa, polos ventos salvaxes Arriba non abaixo  Agora o ceo é inalcanzable Por máis que bata as ás Tocarei terra onde atope E así descansarei Vivirei mil días máis Mirando o ser inalcanzable Finxindo ser  e non sendo Piando alegrías e sonatas Pero recordando a caída Estou preparado

Rock'n'roll

 Pregúntome sen autoridade Esixindo unha resposta  De que está feito o río? Que auga é aquela? Onde cheiran as rosas Estamos alí  Onde o sol queima Baixo do eterno Na quedade infinita  Aleteamos febremente  Caíndo en espiral  Non existe tal Non hai persona Non hai monstro Só a lixeireza Da caída  Respira Solta Miña nai dixo que o rock era para sempre Pero realmente sabemos o que é O momento atrasado varias veces Nunca volverá o que esta por suceder  Marchou Para nunca volver Velaí está  O rock nunca morrerá  Como o amor desta casca Poderemos rezar Poderemos berrar Atenderá deus nosas inquedanzas? Suave envolvente guitarra  Ó ritmo da batería  Segue a caída O desvelo non remata Os soños son reais Nas mentes preclaras Máis non na miña Nosa Repito ó meu ser O corazón  O rock non morre nunca Máis eu  Aparto distancia O grave engulleme outra vez Isto son eu Breves silencios entre  cancións cantadas por outros Coa miña...

Voltei

 Agora entendo o querer O significado oculto  Para os que non aman Eu quero só a voçe A volta non é fechada  Non hai círculo onde correr Sumamos Sorrisos Choramos Fumos Somos E o presente sempre estará tintado Da escura e doce mancha do recordo Inda que non voltes Volta Amigo meu que me les Garda no teu corazón todo O amor é a forza infinita do mar Batendo contra as fendas dos brotes verdes onde nos vivimos É a nosa fin Aquela que nos procuramos O derradeiro golpe na cara do mundo O amor de verdade Somos nós  Silbando alegres mentres choramos Que bo é ter sentido  O amar de verdade A amizade Na vida de cando en vez podemos topar o imposible 

Malson

 Volvo vivir o vivido As promesas intactas do pasado As suaves follas Os cañotos rodeando meu ser Revivo aquelo que escoito Aquel amor derradeiro e puro Perdura na miña pel A pegada suave do querer Envolvenme na arboresta  lévame consigo 

S-Ketamina

 É un pracer pra min presentar O maior dos espectáculos anatómicos O mago da autodestrución revelará  O maior dos seus trucos Arrastrar os vernáculos  E abrirse en canal Ó son de Pink Floyd Un día soñei co amor Seu significado Seu nome Maniatado observaba  Como as infinitas posibilidades Carentes de responsabilidade Emocional ou afectiva Loitaban unha por unha co meu ser Eu perdin unha vez e máis outra A dor desaparecía a medida que crecía Ate facerme ver a única verdade do meu ser  A non existencia do eu entre o mundo A simpleza da beleza Da parella Do par Unha febre aloxada eleva ó ceo o lume A esperanza de volver tocar térra Desvanecida No airee dunha calurosa tarde de inverno Que hei dicir eu pois Síntome só Cómodo  Polo tempo que me quedé Xirando con forza Da man que me ergue Pra baixala onda min Non es outro as penas Non entendo as pesquisas  Intento ir e desaparece Como unha mancha no ollo Procurei nela a simplificación  Tomei meu corazón n...

Volta

 Oio os silencioso queixidos dos que coma min sufren  Escoito o atrondor silencio das malas noticias Chego tarde a elas Con mirada cansada unha imaxe branca susurra meu nome Non hai resposta posible. Non hai question que resolver Son plástico por fóra e teño o sangue verde Non podo ver a hora e descubrir o segredo do meu fracaso.  Todo saiu mal, dende o primeiro esbozo Inútil na vida e inútil na morte  A promesa perdida chrgarà cando non quede máis amor. Cando esvarexan meus intentos de querer. Mentres so podo finxir e mentir  Nada vai ben, todo está mal Peor do que parece Non haberá VOLTA INDA SUE BERRE 'VOLTA LOGO VOLTA' En tanto volto chorar

Recordos do intento

 Tres días forón, tres seguidos. Os días que perdín a paciencia e decidín sair desta casca apodrecida. Recordo vagamente o que sentín. O sangue deixóu de fluír pólas miñas mans A medida que o aire volvis sentía o fracaso Sete cortes horizontales non bastan Outro rumbo tomei, cambiei pois de espazo Mil unha eran dabondo Quixen deixar ir todo o que eu era Irá, calma, amor e odio a partes iguais Falei en confesión e recibín silencio Berrei por compasión e topei mentiras Iñoranza ou maldade, tanto ten. Meus queridos foron os inimigos que esperaban a caída do meu imperio Nin rosas min cravos vermellos Todo foron pedras, terra e olvido E eu esmorecía no camiño Chamei por axuda co meu último aliento E mais ninguén viu salvarme Miña alma morreu aquel día Meu corpo continuou en soidade O camiño que comezou aquel día. Foime negado o destino Drenado o intestino Cosido con átono Morto e a salvo Abril de augas De nacer e morrer Que esperar de ti Que tanto me quitaches As veces o meu corpo quere...