Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2020

Pranto

Non confundas miña pena miña tristura e pranto miñas bagoas salgadas coma o mar de Cangas que recorren miña face escoitando túas palabras. . . Pois estas bagoas disto están feitas . Das noticias chegan coma pedras lanzadas que rompen cristais coma se fosen ventanas que deixan escapar aquilo que eu sinto. . . E rompo a chorar . . . Feitas do recordo do colo baleiro dos brazos que inda recordan o peso dos queridos espazos agora desocupados e paran meu corazón. . . da chuva fría que cae de súpeto mollando as roupas colgadas que esperan o sol que as quenza mentres, as agullas paradas que nunca chegaron. . . De sorrisos perdidos baleiros de contido que enganan o mundo máis non a ti pois tes compartido comigo esa terra fermosa. . . De recordos queridos constantes esbozos daquilo que tiña e quero volver ter. Recordos amados como amado o mensaxe pra o amado receptor. . . De todo o que sinto de todo o que sufro de ira e dulzura de pracer...

Camiño

Pois hoxe foi un dia mellor que onte, inda que un pouco baleiro de contido. Quedan duas semanas, pode que algo mais para que chegue o momento, pero pouco falta. Vaiamos co roio. Buscamos en nos mesmos e topamos nos demais aquilo que é autentico  o verdadeiro e real Aquilo que alimenta os corazóns dos soños que estoupan en fogos que quencen o luar De lonxano horizonte complexo desafio que suman acotio as durezas do chegar E percorremos o camiño a ritmo tranquilo ti e eu, comigo facemos camiñar Sen olvidar nosa meta os soños prometidos o feito perseguido do noso libertar. Pois hoxe quixen facer algo simple, clasico, se o conseguin ou non é outro cantar, alimentémonos xuntos de nos mesmos, pois non hai individuo que poida percorrer o camiño que hai por diante, non hai soleda.

Días e días

Como collín costume de poñervos dous poemas, un vello rebuscado nos papeis de libretas fai anos ocupadas e outro fresco, feito de agora, improvisado. Isto me recorda, que o churrasco esta moi rico. De nos este tempo deste famento que queima por dentro e rompe á metá Silencio e baleiro perda e tormento saudade, sufrimento esta é a verdá. ----Agora o novo---- Cae o firmamento chuvas de cristal córtannos as ás  dobregan nosas forzas de súpeto é a nada. Hai dias que doen custa erguer pola mañan cos cravos da vida no peito custa respirar e soamente esperamos. Que chegue o mañá Rompen os xeonllos co peso da vida directo no chan caímos enrriba de todo aquilo que queremos. Deitámonos soamente soamente falamos soamente choramos soamente contando o tempo que chegue o mañá Soidades inmensas nun mundo ateigado o baleiro soñado non vale xa crebamos as costas E coa noite a esperanza e coa esperanza o m...

Desvarios da idade

Levo xa uns cantos dias sen poñer nada por motivos tecnolóxicos. Estudar enxeñaria para que escarallen tódolos aparellos electronicos da casa ó mesmo tempo... Hoxe traio dous poemas, un vello e un novo, sen relación entre sí. O vello: Tento dicir as verbas correctas Cales son pregunto? non o sei, calo resposto lento, difuso Non materializa meu pensamento estou confuso son cobarde ou son parvo? Non sei agora dicicho dicirche que eu... E despois deste do 7 de Marzo, un novo e de mellor calidade (ou non): Arranco de min o corazón latexa moi forte e estorba. No seu bum bum constante distráeme do obxeto. Sego co bosquexo da miña mente pensante deixo o ser, acudo á razón. Arranco meus ollos déixollos na mesa confunden miña mente minten e manipulan sego na nova altura volvo ó consciente da empresa dos soños ... Deixo atrás as mans deixo atrás as pernas que buscan ilusións que persiguen falsas metas deixo atrás os pulmóns deixo atrás a cabeza que respi...

Vivenzas

Hoxe averiarion simultaneamente meu movil e ordenador, inda que ambos funcionan un da fallos importantes e outro non carga e non sei canto aguantará vivo. Nestes momentos nos que o que me ata vida topase a 200 km sen posibilidade de reducción. A VIDA É UNHA MERDA NESTES MOMENTOS. Coitadiño e calado camiño ó lado de cando en vez, falo. Finxo estar tranquilo e sen parar miro aquilo que quero atento Espero ó momento que non chega atrapado polo medo non  podo e o intento Dou a virada e manteño a mirada pero o medo berra unha gran pedra no meu camiño Estiro os brazos nun amago de valor arrepío finxo outra vez e aparto a mirada E entón sucede o tan esperado o ansiado, covizado eu alonxo e ti achegas e deixasme abraiado facendo o que eu quería e non podía na miña cobardía teu valor deume vida pois nese momento esquecín meu tormento e fiquei namorado. Pois como levo un dia malo pois contovos o mellor que me pasou este ano, e nos últimos anos e pod...

Recordos futuros.

Hoxe volvín tentar escribir un poema sobre un tema que non consigo definir. De modo que para cumplir vou improvisar algo por eiqui a ver. Vexo neles estrelas luces escuras que alumean a ialma que admira o corpo da serea. Grandes valeiros E sobre eles a terra De cor clara e loira de rios enchida dende eles vixían os anxos do seu nome Grandes Carreiros que percorrer no ceo. Branco e tranquilo enche o todo e fico perdido voando e soñando quizais estou tolo. Estou abraiado do rostro do mundo Miro e miro contemplo respiro dese cheiro lonxano dese amor derradeiro quen fora vento que mova as súas ás unha vez mais conteplalas o aire a terra o mar escuro un bico ansiado un feixe nocturno de xestos e vida Respiro quen fora vento digo o que sinto quen fora vento e irse contigo. Pois nada,  velaquí o poema,  do corpo de outro vello,  impersonal , que non significaba nada,  pensando sen mais,  saquei este outro derradeir...

Lume

Antes do poema de hoxe un poemiña curto que fixen onte pero non era dabondo pra colgar eiqui: Co fio na man e o ollo na agulla trenzamolo cabo das nosas vidas collemolos trozos esmagados e atamos e atamos Cortamolo fio cos dentes fechamolos beizos e tiramos nas nosas mans o resultado reconstruido Agora si, imolle: Lume gritan dende o outeiro lume, máis lume, reclaman a berros lume, lume ninguén acude lume e lume e mais lume arde a foresta na noite calada os prantos da terra non o apagan o lume do noso o lume do seu a nai na foresta agora morreu e que fan nas mármores cubertas de ouro rir e gañar roubarnos o mote roubarnos a terra o ár e o mar. A foresta queiman co lume de seu. Deles o papel de nos as cinzas as vidas esgotadas e as carteiras enchidas o seguinte lume será noso sobre a súa cobiza. Este poema é un recordo,  cousas encerradas do tempo,  que chegan de súpeto en choros,  ira e sufrimento.  Queimemos os Pea...

Nudo mariñeiro

Desta vez toca ser feliz. Ficamos parados neste ínfimo mundo calados e sordos xuntos pegados o tempo por nos non pasa non lle facemos caso atados por bos nudos os cabos nosos brazos deixamos atrás a porta entramos sen soltarnos e ficamos parados de novo mais esta vez sentados rompe o silencio do mundo verbas breves e sorrisos queimamos a pel no calor do roce e ficamos quedos atados pegados Despois deste momento que faremos? pois non sei que opinas ti por min repetiremos. Non adoito escribir cousas deste tipo, mais miña imaxinación da cousas e esperanzas que esbozan sorrisos na miña face, e estou contento mais nada, non preocupar que estou ben de saúde, pero hoxe quería darlle homenaxe a quen quero. No faio hai moitas cousas e todas valen como excusa pra abrazarte. Volverei escribir cousas turbias, non vos preocupar, pero tamén hei de exteriorizar que so feliz, que sodes moi pesados.

I used to be

Hoxe é un pouco máis dificil do que era onte escribir poñer os versos no lienzo falar sen medo dicir As palabras perdidas na nosa memoria olvido e escuridade non alumean entre nós por nós seguimos pero calamos tanto que falar dicir Queimamos os esforzos rompemos os osos das mans e os pes rachamos con todo e cando estamos sen forza vencidos nos xeonllos choramos  marchamos tanto por facer dicir E negamos os sorrisos negámonos os beizos reviramos a cabeza queixamos doemos facemos non saber coñecernos e entón choramos entendemos xa non hai nada que facer dicir E rexurdimos nalgo novo derradeiro ou temporal nun ultimo esforzo pra recordar cheirar falar camiñar E por ultima vez  contarnos nosas cousas inquedudes e soños dicir Este poema é a reconstrucción doutro vello,  poderoso e escuro,  máis rexurdimos e rexurdiremos,  o novo despertar.  Agora hai lu...

Faísca

Vou improvisar aquí algo, pero antes hei de comentar algo para non aburrir ó espectador. Toda historia comeza nun bar, esta non é unha historia. Estes dias estamos golpeados pola dura realidade dun momento traxicamente histórico, e nesa traxedia nace unha nova, forxada a golpe de quincena, alongando o sufrimento un pouco máis cada vez. Rematará isto algún dia? Preciso facer un viaxe, preciso compañía. As luces do aceiro embrabecido quencen os corazóns dos homes alumean o futuro esclarecido da forma ós soños TIN ! Golpes e golpes Toman forma de espada os soños as ilusións alimentan o lume as faíscas limpannos os ollos e pouco a pouco fan punta TIN! e despexa o fume As paisóns dan cor ó aceiro e a mente agora o arrefría. Un último golpe certeiro e o fio brota do metal TAN! Agora esta lista As dores afían o duro metal os sufrimentos do pasado preparan o golpe ó animal e cargan a forza dos brazos ZAS! O golpe executado Nesta espada na...

Lempo

Hoxe é un dia máis e un dia especial, non polos motivos obvios, son incontables as datas coma esta que pasan coma unha suave brisa un dia de vran. Máis desta vez é distinto, hoxe é outro dia pois este é outro ano. Son varias as personas coas que compartín estas datas máis estas é a primeira na que a comparto con este sentimento, moitas veces pensei amar pero esta é a primeira, a real. As areas do tempo caen cae das mans, fuxe escapa do control o tempo non perdona o tempo mata oxida ante él, choras. Que lagrimas fai o tempo máis as miñas son de alegría doces coma os beizos que esperan despois do día o tempo pasa e con el chegan esperanzas e soños momentos sorrisos pensamentos O tempo rompe os nosos osos cana as nosas cabezas queima nosos recordos é cruel o tempo, implacable non é amable As areas do tempo caen pero para o meu contento na man que as suxeita a man que me espreita os beizos que esperan os bicos que anuncian pois o tempo me leva pero xa non d...

Sangue e caos.

Contarei que hoxe fun reclamado como practicante do meu oficio. No piso de abaixo precisaban un electricista así que alá fun, despois de horas intentando arreglar o problema... Segue igual que o topei. Escoito o marmullo e vexo impotencia. O caos da escena paraliza meu ser incapaz, perdido, non podo ver penso e falo, non sei que facer. Busco a forma de achegarme, tocar cos dedos cubertos fochico o desorden. Movo o océano e este non responde négame o premio, a resposta, volven. A presión do peito faise insoportable sinto meu corazón, meus nervios arden. Queiman, o fume brota dos meus ollos Perdo a idea do que e estou facendo O caos da escena agora son eu. Repito o marmullo na idea e golpeu A sangue cae en tono escuro, denso miñas mans marchan, é inalcanzable. Na honestidade cego vou, chora Correndo ó interior, voa miña mente, sola soa o Marmullo escuro da sangue a sangue e o caos a impotencia e a dor incapaz e doente a mente rom...

Vento

Onte non puiden publicar xa que meu interne non quería prestar servizo. Non sei cantos días levamos deste encierro, prefiro non levar a conta dos dias que levamos, soamente ter en conta que falta un menos. Os beizos inquedos e secos fican abertos tremendo. Buscan o aire, o alimento sabores que trae o vento. Vira a cabeza buscando consuelos perdidos, ansiados O que esta lonxe sinte preto Cheiros que trae o vento Os dedos nerviosos acariciando aquilo que non poden ver Peles de alegría e sustento, luces que trae o vento. Queiman os pés, afogados fríos e quedos, atados. Lonxe estou e lonxe teño os amores que trae o vento Hoxe foi un día longo e non sempre pode cumplir os desexos, os dias longos son os máis duros, os curtos os máis felices, con sorte cedo poderei pasar a vida nun segundo. Esas son as cousas que trae o vento.