Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2020

Bosquexos de soños nun maio de vran

Achegámonos sos ós soños procurados perdurados no tempo polo conxunto sinxelo do colectivo par e rematar o tempo de bogar sen forzas das ondas do mar que pulan por nos cara o final do infinito espazo que separa o abrazo que xunte nosa loita nun complexo roar de ventos fortes que rompen as rochas. A procura da ponte que achegue as raíces  que xonguen a nos o devenir derradeiro profetizado no ceo das nosas esperanzas Non ser máis nós sos ser libres xuntos ceibes nun mundo novo un mundo de dous.

Tres días tarde

Procurei chegar con tempo deixar fora o divertimento os anacos baleiros de contido esmagados nos papiros brancos que esperan á tinta prometida E cada vez máis e máis lento coma a ave tranquila pousada mentres as compañeiras migran cara o cálido sul lonxe do inverno fica aquí esquecida delas. Chego tarde coma sempre sen escusa adecuada ou xusta soamente tarde coma as palabras que puiden dicir antes e que igual chegaron na preguiza Chego tarde e xa non quero chegar máis tarde coma sempre mais vou máis e máis lento á deriva no mar do tempo Chego tarde e xa non quero E no novo día prometo e non cumpro unha vez máis pero prometo outro dia e quizais desta sexa a derradeira desta penso chegar.

Tise

Do colo quente soltas meu corpo teño medo do frio do chan non, non ignores meus choros non teño valor pra estar soio. Soamente é a noite non teñas medo durme ben meu neno Colle da man o teu pai no ceo que esta connosco sempre esperto. Pecho os ollos inmóbil e inquedo quero e non durmo, non podo na noite escoito a voz do silencio que susurra forte, o pai do ceo. Neno que choras, só no cortello Escoita estas verbas que a ti te revelo NON ES UN DESEXO NINGUEN TE AMA ESTAS SÓ E SÓ ESTARÁS CANDO LEVE TUA ALMA EU SON O PAI QUE OLLA EN SILENCIO NA NOITA CALMA EPERANDO A TUA IALMA Miña nai me abandona meu pai me traiciona co señor que espreita coa noite que roa na escuridade absoluta que rompe o silencio. Trague a voz do mal o señor que espreita que espera noso final . . . O silencio que causa túa dor é so silencio meu neno non lle teñas medo . Cedo durmirás e o soño olvidarás durme se podes. . . . Esperta meu neno teu pai xa marchou non me deixes meu neno por qué te levou?

Ataque de pánico

Iste poema non é orixinal meu 100% nin pretendo que o pareza: Golpes arrítmicos no ritmo forte o son delirante que golpea miña mente queima a pel que sosteño no corpo as fibras tensas que texen meu ser Rompen cristais ó meu arredor sinto o terror de todo o que vexo medo inconsciente da ialma perdida e teño a certeza do fin que achega xógome a vida a sangue brota do frio afiado aterrado. na mente esperta do soño alterado que rompe a curtiña. móllame a pel a suor fría  e a sangue quente sen control afogado en terror mente perdida a tensión perigosa que rompe as paredes que me conteñen Donde nace este medo da perda total, absoluta a fonte irracional que tingue miña vista Helpless hysteria A false sense of urgency Trapped in my phobia Possessed by anxiety Fuxe lonxe esconde da vista da nada absoluta que te atormenta neste delirio absurdo complexo castigo da miña mente corre. lonxe. fuxe.

Rochas do peirao

Mesturamos as nosas verbas topando nelas unha saída  deste longo inverno que forte roa rompe as rochas que temos ó lado nosa Na fronte dun mar revolto de treboadas chegadas e por chegar xuntámonos nolos dous soios collidos da man e rexamente aguantamos o temporal Enfrontamos o destino incerto máis chegará o vran e co novo tempo seguir da man contra chuva e vento Chegará nolos dous sós cos nosos derradeiros pensamentos firmes que non nos poderan quitar nin estes ventos nin os que virán Duas verbas manteñen miña man firme duas e mais ningunha, nada máis aquelas que repito unha e outra vez aquelas que oubilas quero dame a mán pois o vrán terán chegado cedo pasará este temporal.

Verbas confusas de mentes soñadoras.

Escollemos as cores que adornan os pensamentos e recordos gardados ollamos cara eles e decidimos a que lugar anexionalos. Por en nos a decisión derradeira que con convicción, a adición deste novo bulo. Enteira a nosa memoria fica pouco a pouco. Somos nos xuntos e non nós sós os que facemos deste noso camiño que ó arredor perdido do sentido fin que por nos agarda. O tono correcto toparemos e gardaremos en nós mesmos  os recordos e pensamentos ata o noso final pasamento E entón deixaremos en mans novas as cores, as formas de demostrar que ficamos neste mundo un día e que o deixamos erguidos orgullosos unidos xuntos construímonos espidos nús da pel que exivimos xuntos unidos e soamente así teremos cumprido o deber de someter os feitos ós recordos obtidos entre nós. Fagamos novos recordos e gardemos coa cor correcta para nos e para todos para o futuro. Esa visión incerta que nos pertence.

Inspiracion-expiracion

Intres imperfectos que toman aliento enchen con forza dan alimento fan de nos todo intres chegados intres por chegar xunto ó silencio non é incomodo non dicir nada collen forza e dicilo todo o tempo perfecto pra voltar a soñar cheiramos ollamos nos mesmos creamos respiramos temos Na escura praxe que segue o mundo o aire que temos os roces que facemos son todo o que precisamos vivir en nos mesmos facemos a vida que nos da sustento que afoga os males do noso tormento olvidamos de todo e non de ternos neste intre imperfecto Queimemos a pel co roce da vida que fai este aire respiro, respiras a calor desexada nos mesmos dándonos a vida. O aire que cavita na nosa soidade a destrue a alivia o curioso feito que teño por regalo é que do aire que tomo soamente o teu sirva.

Á luz dun candil

No paseo novo  do lugar extraño vexo polo muro escaleiras abaixo 'Vaiamos xuntos nesta aventura que espera a escuras neste lugar' Percorremos paseniño as paredes do corredor adornadas con coidado con escenas de dor As cadeas do teito colgan douradas ferramentas que portan candelas poucas veces prendidas Nas habitacións esperan cuadros e tapices de homes longo mortos que vixian sua terra Bailamos nas luces do candil acendido mentres imos cara o fondo dun descoidado pasillo as molduras rematan antes o chan fica espido as paredes sucias todo ennegrecido. ' Neste lugar escondido narrase unha vella historia de homes persegidos de luces e sombras vaiamos mais abaixo e contarei a historia de como tinguiu de vermello o chan que agora pisas' E chegamos abaixo e escondido na parede de pedra mal tallada lonxe das miradas abrimos paso ó segredo As escaleiras estreitas alumeadas po...