Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

Autocompasión e falta de autocrítica

Non entendo ben que pasou Como sentirme ó respecto Que facer ou que pensar Tórnase imposible de facer Abuso, acoso, violencia Fortes acusacións  Rememoro o día que a esperanza Desapareceu de meu ser Recordo chorar, horas, días Un pranto pesado ininterrompido O papel impreso indescifrable Salvo prá abogada de oficio Os días posteriores non durmín Somente choraba e comía O que alcanzar miña man era consumido Quería poder estar colérico E que miña ira fóra ós demais Pero era só pra min E todo foi a peor nun intre Cunha chamada dende Vigo A cidade que eu amaba como un fogar  É o último sitio onde quero estar E mais non podo estar en máis sitios Sen que me sinalen co dedo Descoñezo o discurso que deu lugar O embargo do que me quedaba por amar A expulsión do lugar onde eu pertencía  Mais sei da súas falsedades e miseria Maldade mesma que permeou todo  Marcando pra sempre un x en min "Non   quero que se faga dano" Curiosa ironía é esa Querer quitarme a capacidade ...

Mensaxe

 Hoxe non se durme  Hai que espertar  Hai que facer o amor Sentir o amor Sentir as almas Non chegar tarde Dar o paso adecuado Cara o todo que nos rodea Benvida ó inagotable murmurio  Da mente encerrada en si mesma Que rompe o envoltorio e se abre  Para voar Voar o inmenso mundo do pensamento  Da filosofía e melodía  As novas sensacións que sintes Non debes darlle grazas máis que a ti mesma Noraboa Conquistache a gran fronteira Sen maldade nin violencia Chegarás a ver as estrelas no día

Pulsacións nebulares

 Fecha os ollos e mira Dechete conta? Ves dende alí  Non notas o sentimento? Filtrandose entre os teus ollos Fíxate nos sons graciosos Arrastrate entre os choros dos nenos Sabías que non podes caer detrás de ti? Por que non existe  Non hai nada detrás  É circular Como as norias das festas as que nunca subimos O ratón máis vacilón do montón de recordos que nunca vou compartir con ninguén  Quen xoga con lume 

Existencialismo barato

 Non puiden ser doutro xeito Somos ilusións baleiras de contido Libres de vontade algunha Feitos polo sino do pasado Condenados a vivir o presente Mais non somos indiferentes Sentimos Actuei como pensaba e non me trabuquei Non hai error no dano causado Por moito que del me arrepinto Fun eu a ferramenta da miña mente Unidade de cordura e demencia Son eu o culpado De todo aquilo que odio E como entender a coexistencia Deste determinismo basto e atroz Coa culpa e a vontade miñas? Que clase de realidade permite Este sufrimento que padecemos Senón o mesmo inferno Se hai deus Este é meu castigo

Silencio

 Nada chega ó meus atrofiados ouvidos Non hai letra que transmia a mensaxe Non hai fin pra este tormento  Cruel destino que me deixaches  Somente escoito meu propio latido Lento polo circular de narcóticos Que axiña apaguen o molesto ruído So quedan recordos daquilo que amaba A loita organizada contra o mundo A amizade leal ate o fin Os obxetivos duros pero tanxentes  Os soños vellos e febles O sentimento máximo que pode sentir un ser vivo O nós sobre o eu Quedou perdido  Entre rencores e mentiras Tolemia e descontrol Involutariedade dirixida A destrucción do amor Do nós  Pra crear un silencio infinito Aterrador Capaz de converter a calqueira  Nunha mera sombra A inexistencia é mellor que este parïbulo A morte é ó derradeiro regalo dun amigo Non teño nada máis todo daría Por un pouco de ruido

Últimos días pra reflexionar

 Levanten a man aqueles que mirar en máis que un trozo de carne Un estorbo no camiño da felicidade Un mal ser de existencia inherentáemente maligna Coñecedes me e sabedes ben quen son Que amo Que sinto Que sufro E inda así non son humano. Malamente son tratado de nesta sen carisma  Quen non me odia non me coñece  Medezolo pois? Quen sabe. Eu non o sinto así. Pero seu de boa man as miñas maldades As necedades  e pecados impedonables Moitas palabras defínense, propias e alleas Benignas e maliciosas Tanto ten o divagar e xulgar. Xogar coas verbas é unha perda de tempo Pois o momento que vivo Non o quero vivir E se algún día existin Quedades con ese recordo Pois hoxe hei de morrer Por fóra e por dentrdd Adivico as verbas ós autores materiales do meu fundamento e os eximo de toda responsabilidade. Amigos mais non é dabondo amar cando un non é amado. So espero que miña marcha pase desapercibida

Autolisis número 6

 Fai tempo decidín non ser máis. Deixar atrás todo o que fun, bo e malo Non voltar falar pra evitar danar Aqueles que quero é os que xa non Abandonei todo camiño que percorría Fixen sinais na pel que me recordan o momento O intre perfecto de cordura ilimitada Ou de tolemia agotada Non preciso xa máis de nada nin ninguén  As inquedanzas e os ánimos son pros vivos Repetiame ate aprender a lección Abandonei os estudos que tanto ansiaba lograr A música que me calmaba e me facía soñar Aficións pequenas que axudaban a ir adiante Abandonei miña conciencia nun escuro outeiro Tódalas loitas nas que fortemente pelexaban Son agora derrotas definitivas da miña causa Xa non aspiro a que estas verbas sexan recoñecidas Non tan se quera lidas. Os gustos que me conformaban son agora Preferencias sen importancia que manteño pola inercia  Como por inercia respiro Non hai nada máis Quedei baleiro de contido So queda por desterrar o querer O amor que levo comigo Que non consigo esquecer Fonte...

Escalada guillotina

Soio pensar en ti Cálido mencer musical Subida íntima ó sobrenatural Sen medo do que poida pasar Nunca é demasiado pronunciada A leira ó monte na que suspiro  Non agardo agarimo Nesta subida incesante  Suave Pequeno intento de chegar Elixe ti o lugar  Que eu subirei ó son Inda que chegue a execución  Na miña iñorancia sorrirei Non hai máis necio que o rei Direi E miña cabeza vai rodar Corean as multitudes Masas desvestidas, estimuladas Vendo á cima chegar O bufón real A coitela no alto brila O momento chega Berro de alegría Ó ver quen chora Ó ouvir a banda sonora Caviar con salmón Baixa pola gorxa do Borbón  Ou outro nobre de galpón  Que me manda o paredón  Ó son desta canción  Nunca o poderán silenciar Experiencia personal lle chaman  Ó vivir simplemente unha vida Pois hai miles delas vividas Hainas que reclamar  E encher o fogar De ideas incendiarias E equipos de escalada Chisca o ollo Fecha o puño Sube o monte Morre a gusto O mundo xi...