Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

palabras programadas

Pena, iso sentías entón, xa non había amor, esa sucia emoción que me escraviza e me ata a un ser mitolóxico que non existe no meu mundo. Somente o podo describir con esaxeración e fantasía. Ansio un día que non chegará nunca, pois xa marchou da mente de quen ten que recordalo ou sequera recordarme. Mais agora, son no vento un adeus case inapreciable, mesmo despreciable, so iso merezo. Magoa de amor gastado Magoa de dor sentido Sen sentido algún  Todo o perdido Todo o falado Pra nada Nin sequera aclarar O que foi e non foi Non houben declarar Pois non foi preciso E as verbas contidas Queimanme por dentro  Coma aceite fervendo Unxido por ti Purificandollo todo Todolos días pregunto Merezo este destino? E sei que fixen mal Sei que fixen dano Mais non merezo Este ser inhumano No que me convertín Acaso todo o que sentín  Foi en vano? Paso os días mirando Cara un pasado mellor Esperando un futuro Se cadra inda peor Que este presente Se son da esperanza "É o último que se perde"...

monólogo á parede

Hoxe fan dous anos do último día que sorrín. Só recordo dous momentos, nun me dixeches que me ambas e no seguinte que non. Despois só hai ruído, imaxes deformadas e ideas vagas do que pasou. Non me levo ben comigo mesmo, xa o sabes. Ó final, ninguén sabe máis de min. E ninguén saberá, non darei oportunidade, non volverei confiar en ninguén nin volverei ser feliz nunca. As feridas foron graves demais, non fechan, nin amagan con curar, sangran de seguido e me baleiran lentamente ate non deixar nada. Nada, iso son eu agora, ninguén.  Estou enfadado sabes? Farto de pasar as semanas en silencio. Canso de non sentir tacto algún.  Escondo neste burato no chan e non saio nunca, esperando a que o mundo me olvide por completo, que me enterre fondo onde nunca xamáis me atopen. Veñenme á cabeza moreas de cancións tristes que nalgún tempo conseguían consolarme e agora xa nin a música logra calmarme. Estou totalmente destruído.  Sei que estas palabras non chegarán a ti así que non me m...

honestidade na marcha

Acepta a amarga dor Demasiado tempo pasou Hai abrigos pra por Que calmen este frío Que sinto dentro de min Fórmulas que teñen O que eu sinto realmente  Mais non hai forma De olvidar o que soñei O que soñamos Cando decidiches? Cando marchei? Cando decidiches romperme? Mentres sufría? A ira contida sae polos poros  Expresando o terror De vivir esta vida Solitaria e perseguida  Que ti me deixaches  Quedaches con mellor de min E o resto non respira  Fede a podredume A tolemia e desaxuste  Iso é o que queda Cando decidiches? Mentres durmía? Cando decidiches romperme? Mentres choraba? No medio da locura Só hai lágrimas no meu interior  A lousa da tristura  Volveuse meu inferno Enfrontándome ó mundo Só falo de morte Honestidade infinita  Un último acto de amor E saír da escena  Rematadas miñas liñas  Un modesto intento De tomar o control Por última vez Adornando o final Contando toda a verdade Se teño oportunidade De ter últimas palabras

sentimentos rapidos

Reclusión  Así definiu miña vida Unha soidade inmensa Que me viu imposta Ausencia total Moito que dicir Ninguén para llo contar Por moitas ganas que teño Nin sequera podo chorar Xa non me quedan bágoas Nin forzas Nin sequera pra acabar con todo Un último esforzo De pura honestidade E abandonar este mundo

desperta

Solo un soño pode ser, Nunca a realidade, Triste de verdade Pero un soño Dequeizais nunca foi, Nunca sentiu, Nunca amou, Nunca viviu, Nunca existiu, Coma min. Ou si Que opción é máis cruel? Non ser nunca amado Ou ser abandonado por quen té amou. O problema é o mundo Ou es ti Dequeizais as dúas son verdade E ti es un problema máis dun mundo destruído Sentimentos que compartes co mundo E que só ti sintes O que sintes Ese amor Esa irá Ese desexo Que nunca máis volverá a ser O amor Vainos esnaquizar Outra vez

momentos antes da dose

Teño unha ansiedade impropia dunha segunda vez Mais en moito ou case todo é tan só a primeira A dor non cesa e consume en tódolos instantes  Tan só se ve reducido polos narcóticos prescritos E nin así desaparece Meu pensamento monotemático lonxe da cordura Lévame consigo ó fondo dun océano escuro Un mar inmenso de suor e bágoas sabor salgado  Onde afogo inda puidendo respirar con dificuldade Chegando á hipoxia Boto a man buscando axuda e non atopo nada Só o percutinte silencio de quen xa me olvidou Cravandose coma un puñal entre as miñas costelas E mantendollo ben fondo para non me de sangrar Pra non cesar o sufrimento

paralelismo con Moby Dick

Invadido pola pena e a ira Inmerso na miña obsesión  Perseguindo miña bestia Meu demonio a batir A coste do que sexa Sempre hei de partir Cara o horizonte Sen mirar atrás xamáis. Queimanme por dentro Isto que sinto é lume Creado pola tolemia  Psicose en estado puro Isto só pode rematar Coa miña cabeza na pica Ou co premio soñado  Estou cheo de determinación  Eu son Ahab Capitán deste navío E de todo aquel que o pisa levarei comigo á morte  Se iso é preciso Ate o último mariñeiro  Pra clavar meu arpón  Nesa branca balea Que se burla de min Eu son Ahab

Ohne dich

A aréa inda mancha meus pés De correr tras de ti descalzo  mantendo día a día a fé Dalgún día dequeizais alcanzar A rodearte co meu ser  E ser de volta un só  E tirar esta capa de pó Que me consume a pel Se puidera darte un bico Se puidera Un último álito compartido Antes de marchar Se puidera sequera verte Se puidera Cegar coa luz da túa presencia  Antes de afogar Ás de algodón me sobrevoan Estou tan lonxe de alcanzarte Tanto coma de olvidarte Non, miña memoria pode romper Miña mente pode enlouquecer Pero nada borrará teu recordo Miña pel segue acostumada A rozar o aterciopelado teu Se puidera viaxar atrás Se puidera Onde todo eu rompeu Antes de chorar Se puidera entoar a canción  Se puidera Sen que miña gorxa colapse Antes de voltar Pero nada borra teu recordo Pel con pel eramos un Agora somos menos de dous Se puidera falar contigo Se puidera Pedir perdón polo dano cometido Antes de saír Se puidera comprender Se puidera Entender o plan mestre Antes de perder S...

todos

Todos choramos Pola causa que sexa No momento que sexa Falamos con nós mesmos E nos disgustamos  Nos decepcionamos Estexa quen estexa Con nós ou sen nós  Por raiba ou tristura Choramos todos  Todos vivimos Como podemos  Como sexa preciso Intentandollo todo Pra seguir en pé Inda que doa Inda que sanguen  Os pés e as mans Sós ou acompañados Vivimos todos  Todos camiñamos Ou polo menos o intentamos Paso a paso Un pé tras outro En calqueira dirección Pero en movemento  Sempre cara adiante É o único sentido A única manera Camiñamos todos  Todos caímos  Neste camiño de penas Grandes e pequenas Que nos fan tocar o chan E mesmo mordelo E de xeonllos miramos O chan que nos absorbe Forza invisible que puxa Con forza cara abaixo Levantamos todos Todos cambiamos Do día pro seguinte De hora en hora Mergullámonos no río  E saímos renovados Para ben ou para mal Envellecemos  Choramos e vivimos  Camiñamos e caímos Morremos todos  Destino ...

Intento en vano

Carezo da fé precisa Para entoar unha canción  Que me achegue á salvación  De forma simple e concisa Pertenzo ao un mundo caído Na desgraza é a decadencia Non xurarei máis obediencia  Que as do meu corazón partido  Observo todo en silencio Chegando á unha conclusión Que é xusta miña reclusión  Que eu mesmo sentencio Carente de sentido Vivo día a día  Sen parar a respirar Sen poder atopar A calma prometida  Ou o doce olvido Xogo cas palabras Coma xoguei contigo  Sen sequera decatarme  Rendido ante o desarme Do baleiro de contido  Das promesas que duraba Un non gravado a lume Nas miñas cansas costas Define meu destino E a min coma persona Dos demais son estrume, Abrazando pochas rosas, Sangrando polo espiño; Ó que todos abandonan

Gloria ós caídos

Ti eras miña última oportunidade De ser alguén mellor do que son De coller o mundo nas mans  E melloralo De facer as cousas ben Ti es a fonte das miñas bágoas Que derramo sen piedade Coma se fose culpa túa  E non miña Que botara todo as perder Cada momento tería que ser un tesouro E no seu lugar sinto unha espiña Profunda na carne e fai sangue Que brota lentamente de min Inundando meu pequeno lugar Onde esperar ate o final E nada neste mundo perdura  Todo é en vano ó final No fondo do corazón  Amareite inda que non estexa Isto é o adeus definitivo O impulso antes de saltar E voar  Por sempre Pois fun na vida un fracaso  Mais xa non acobardaerei Regreso ó fogar que tiñamos Onde vivirei para sempre Na memoria dos que quedan

preto e lonxe

Alonxandome cara o olvido Achegándome ó final Recordo con tristura  As últimas palabras Cada unha delas Sen orden particular Nen Sequera as entendo Repitollas sen máis Unha e outra vez

a vía final

Cal foi o momento que perdín Miña última palabra,  Miña oportunidade final E que fixen con ela Pra min é un misterio Cheo de suposicións vagas É unha sentencia segura  Cagueina  Tan forte como se pode cagar Se puidera volver atras e falar Antes de morrer para ti Diríache que é o que hai E que sería de ti e eu? Dequeizais houbera comunicación  Pero mostreiche o meu máis débil ser O peor de min mesmo E con iso marchaches Sen descolgar máis o teléfono Cortando as liñas que nos unían Máis queda unha por cortar  Unha vía segura e directa Que non vou revelar Será miña liña secreta Que non teño o valor de usar E menos de con ela terminar Cortar para sempre o que nos une Simplemente non teño valor Non teño honor Sintollo Se algún día sucede Non mo teñas en conta Por favor Como derivan meus poemas en diálogos Monólogos sen rima nin estética  Unha lírica raquítica anticientifica  Nada do corazón  Desta obsesión que teño Quen sabe se terei un último destello...

suspiro

Hincho coma un globo Inspiro forte e profundo  Deixome levar polo ritmo Trompetas de fondo  Triunfadores pero Con un pero  Seguen adiante E eu vou con elas  Un piano amedrentado Iso son neste percorrido  Da amalgama musical mística Nacen as súas crianzas  Guitarra  Baixo Violín  Arrastran coa súa música o pesar Deixando ó descuberto vellas feridas Que inda están por curar E bailo coa cabeza E cos pés Marcando o ritmo Axil pero lento Así son eu Así é a música Que me leva Como auga torrencial Exprio lento e proceso Como unha rincha quedou

na miña cabeza

Medo a pérdeme en min mesmo, Esmorecer lentamente e Ser Non máis que unha casca baleira  Medo de verte Medo de perderte Violentos espasmos nerviosos Irá infinita sen especificar Disposta a destruír o mundo Pero sobre todo a min Lento contar de cada segundo Que pasa entre o día e a noite Tempo perdido que non volverá  Por máis que recorde ou olvide Duro pranto de chumbo fundido Queimando miña cordura  E facendo peso, tanto peso Que afundo no chan Boias de fantasía Nun mar de realidade Marchando á deriva Ó alto mar que todo traga Atracción romántica ó frío Fio que nos une a todos  Consuelo de sabios Castigo de soberbios Todo está na miña cabeza Todo está no meu interior A dor que amalgama todo  Neste ser inferior Que gosto de chamar Eu E que detesto con toda miña alma

oración de medianoite

Desexo de ser De ter Pertencer Chegar ao ver Entender Comprender A angustia aprétame o corazón  Perdón a compostura e bailo Levemente nun movemento simple Repetitivo e sen razón  En mil pedazos me espallo Encerrado na miña mente Exalo medo e dor Súo escura maldade Irá penetrante nas arterias Sen disfraz que por Ando espido pola cidade  Como aroma doce das feiras Non son Non teño ...

Estudio sobre a permeabilidade cultural dun lumpenproletario

 Ás veces non comprendo o mundo que me rodea, os habitos da xente e a expresión mesma da cultura a danza e o baile escapan da miña comprensión inda xerando inquedude nese xeito de contornarse; O arte plástico é a máis pura institución da beleza, non posuo a sensibilidade correcta pra realizar tal proeza. A música aflora na miña mente sen control pero non consigo achegarme á dogmática teoría nin a extenuante e difícil práctica. Chego pois á conclusión de que a cultura na sua inmensa variedade de formas e entendementos se me escapa do bichero. Queda a poesía sí, mira súa beleza  e compara isto non é poesía isto é merda Son un ser ante todo humano máis o humano de min é escaso como escasa a miña paciencia con quen presume de alta cultura pois é a mais baixa das criaturas que busca porse porriba das masas e a cultura é de todos ate de aqueles que non nos empapa dos pobres de esprito dos pobres de corpo dos pobres do mundo todos Que atrevidas miñas declaracións que por collóns inte...

agora que?

Despois do dito nada quedará escrito  Non haberá páxina na historia  Non esquela no periódico  Non haberá recordo alegre do que un día fun Pois non fun máis que merda mal pisada  Un lapsus desagradable na vida dalgúns Non haberá conmoción coa noticia Nin emoción no enterro Un mundo horrible vivín e un peor deixo