Non teño dereito a chorar Pois outros choran máis ca min Non teño dereito a empatía Pois outros sofren máis ca min Non teño dereito a falar Pois outros non queren escoitar Mal momento é sempre Pra expresar o que sinto Non teño amigos Compañeiros Non teño ninguen Que rece por min Moitos son os males Que adolecen este corpo Moitos os cristales Que cortan esta mente E de todos eles un sobresae Coma unha avespa entre as moscas Pica con maldade a soidade Miña gran derrota Negouseme a felicidade De mil e unha formas Pero sen dubidalo A máis cruel non é outra Que o silencio ó que me condenas Só cabe preguntarse cando Cando será o último estímulo O derradeiro exercicio de honestidade Modestia ate o final Cando será o final? Desta inútil vida. Cobarde pra vivir Cobarde pra quitarme a vida Máis eu non teño saída Xa non teño nai Nin o amor da miña vida Non me deben favores E non actúan sen deber Non hai empatía Nin pena fría Somente odio Silencioso Se nada cambia Qued...
Marca definitoria No meu brazo desnudo Sempre presente Coma os fascistas de antaño Pero mexando sobre eles E medrando Cara un mundo iracundo Que devolve a mirada Lonxe de min Forte e resistente Fonte de amor e vida Segue adiante Constrúe onde pasa Conexións imborrables Sexa ou non decisión Difunde Extende Existe Para mín iso chega
Comentarios
Publicar un comentario