honestidade na marcha
Acepta a amarga dor
Demasiado tempo pasou
Hai abrigos pra por
Que calmen este frío
Que sinto dentro de min
Fórmulas que teñen
O que eu sinto realmente
Mais non hai forma
De olvidar o que soñei
O que soñamos
Cando decidiches?
Cando marchei?
Cando decidiches romperme?
Mentres sufría?
A ira contida sae polos poros
Expresando o terror
De vivir esta vida
Solitaria e perseguida
Que ti me deixaches
Quedaches con mellor de min
E o resto non respira
Fede a podredume
A tolemia e desaxuste
Iso é o que queda
Cando decidiches?
Mentres durmía?
Cando decidiches romperme?
Mentres choraba?
No medio da locura
Só hai lágrimas no meu interior
A lousa da tristura
Volveuse meu inferno
Enfrontándome ó mundo
Só falo de morte
Honestidade infinita
Un último acto de amor
E saír da escena
Rematadas miñas liñas
Un modesto intento
De tomar o control
Por última vez
Adornando o final
Contando toda a verdade
Se teño oportunidade
De ter últimas palabras
Comentarios
Publicar un comentario