Estudio sobre a permeabilidade cultural dun lumpenproletario

 Ás veces non comprendo o mundo que me rodea,

os habitos da xente e a expresión mesma da cultura

a danza e o baile escapan da miña comprensión

inda xerando inquedude nese xeito de contornarse;

O arte plástico é a máis pura institución da beleza,

non posuo a sensibilidade correcta pra realizar tal proeza.

A música aflora na miña mente sen control

pero non consigo achegarme á dogmática teoría

nin a extenuante e difícil práctica.


Chego pois á conclusión de que a cultura

na sua inmensa variedade de formas e entendementos

se me escapa do bichero.

Queda a poesía sí,

mira súa beleza 

e compara

isto non é poesía

isto é merda


Son un ser ante todo humano

máis o humano de min é escaso

como escasa a miña paciencia

con quen presume de alta cultura

pois é a mais baixa das criaturas

que busca porse porriba das masas

e a cultura é de todos

ate de aqueles que non nos empapa

dos pobres de esprito

dos pobres de corpo

dos pobres do mundo todos


Que atrevidas miñas declaracións

que por collóns intento levar fora

en forma de palabras desordenadas

finxindo lírica.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela

isto non é un poema