Intento en vano

Carezo da fé precisa
Para entoar unha canción 
Que me achegue á salvación 
De forma simple e concisa

Pertenzo ao un mundo caído
Na desgraza é a decadencia
Non xurarei máis obediencia 
Que as do meu corazón partido 

Observo todo en silencio
Chegando á unha conclusión
Que é xusta miña reclusión 
Que eu mesmo sentencio

Carente de sentido
Vivo día a día 
Sen parar a respirar
Sen poder atopar
A calma prometida 
Ou o doce olvido

Xogo cas palabras
Coma xoguei contigo 
Sen sequera decatarme 
Rendido ante o desarme
Do baleiro de contido 
Das promesas que duraba

Un non gravado a lume
Nas miñas cansas costas
Define meu destino
E a min coma persona
Dos demais son estrume,
Abrazando pochas rosas,
Sangrando polo espiño;
Ó que todos abandonan






Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela