a vía final
Cal foi o momento que perdín
Miña última palabra,
Miña oportunidade final
E que fixen con ela
Pra min é un misterio
Cheo de suposicións vagas
É unha sentencia segura
Cagueina
Tan forte como se pode cagala
Se puidera volver atras e falar
Antes de morrer para ti
Diría che que é o que hai
E que sería de ti e eu?
Dequeizais houbera comunicación
Pero mostreiche o meu máis débil ser
O peor de min mesmo
E con iso marchaches
Sen descolgar máis o teléfono
Cortando as liñas que nos unían
Máis queda unha por cortar
Unha vía segura e directa
Que non vou revelar
Será miña liña secreta
Que non teño o valor de usar
E menos de con ela terminar
Cortar para sempre o que nos une
Simplemente non teño valor
Non teño honor
Sintollo
Se algún día sucede
Non mo teñas en conta
Por favor
Como derivan meus poemas en diálogos
Monólogos sen rima nin estética
Unha lírica raquítica anticientifica
Nada do corazón
Desta obsesión que teño
Quen sabe se terei un último destello
E estoupo en luz vermella
E me poidas mirar
Aló onde estexas
Comentarios
Publicar un comentario