Gloria ós caídos
Ti eras miña última oportunidade
De ser alguén mellor do que son
De coller o mundo nas mans
E melloralo
De facer as cousas ben
Ti es a fonte das miñas bágoas
Que derramo sen piedade
Coma se fose culpa túa
E non miña
Que botara todo as perder
Cada momento tería que ser un tesouro
E no seu lugar sinto unha espiña
Profunda na carne e fai sangue
Que brota lentamente de min
Inundando meu pequeno lugar
Onde esperar ate o final
E nada neste mundo perdura
Todo é en vano ó final
No fondo do corazón
Amareite inda que non estexa
Isto é o adeus definitivo
O impulso antes de saltar
E voar
Por sempre
Pois fun na vida un fracaso
Mais xa non acobardaerei
Regreso ó fogar que tiñamos
Onde vivirei para sempre
Na memoria dos que quedan
Comentarios
Publicar un comentario