Camiño

Pois hoxe foi un dia mellor que onte, inda que un pouco baleiro de contido. Quedan duas semanas, pode que algo mais para que chegue o momento, pero pouco falta. Vaiamos co roio.

Buscamos en nos mesmos
e topamos nos demais
aquilo que é autentico 
o verdadeiro e real

Aquilo que alimenta
os corazóns dos soños
que estoupan en fogos
que quencen o luar

De lonxano horizonte
complexo desafio
que suman acotio
as durezas do chegar

E percorremos o camiño
a ritmo tranquilo
ti e eu, comigo
facemos camiñar

Sen olvidar nosa meta
os soños prometidos
o feito perseguido
do noso libertar.

Pois hoxe quixen facer algo simple, clasico, se o conseguin ou non é outro cantar, alimentémonos xuntos de nos mesmos, pois non hai individuo que poida percorrer o camiño que hai por diante, non hai soleda.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela