Lempo

Hoxe é un dia máis e un dia especial, non polos motivos obvios, son incontables as datas coma esta que pasan coma unha suave brisa un dia de vran. Máis desta vez é distinto, hoxe é outro dia pois este é outro ano. Son varias as personas coas que compartín estas datas máis estas é a primeira na que a comparto con este sentimento, moitas veces pensei amar pero esta é a primeira, a real.

As areas do tempo caen
cae das mans, fuxe
escapa do control
o tempo non perdona
o tempo mata
oxida
ante él, choras.

Que lagrimas fai o tempo
máis as miñas son de alegría
doces coma os beizos
que esperan despois do día
o tempo pasa e con el chegan
esperanzas e soños
momentos
sorrisos
pensamentos

O tempo rompe os nosos osos
cana as nosas cabezas
queima nosos recordos
é cruel o tempo, implacable
non é amable

As areas do tempo caen
pero para o meu contento
na man que as suxeita
a man que me espreita
os beizos que esperan
os bicos que anuncian
pois o tempo me leva
pero xa non doe
pois mañá será hoxe
e hoxe te espero
si hei de morrer
fareino contento
pois a espera por ti
vale cada momento

As tolerías dos vellos
gardan grandes verdades
reais coma os teus beizos
reais coma as túas mans
reais coma o teu rostro
a gran verdade.
É que te quero
quérote
quérote
quérote
e non te botarei de menos
pois estas comigo mañá
e maña é hoxe
quérote.

Este poema non ten estrutura nin lírica, este poema so ten verdade, pois quero dicir que te amo, que grazas por estar aquí, cedo terei miña man na túa e direicho ó oído. Grazas por salvarme a vida, por deixarme celebrar, non esta data, senón tódalas que esperan. Sei que non son fácil de entender. Grazas

Cousas do amor non son fáciles de entender.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela