Sangue e caos.

Contarei que hoxe fun reclamado como practicante do meu oficio. No piso de abaixo precisaban un electricista así que alá fun, despois de horas intentando arreglar o problema... Segue igual que o topei.

Escoito o marmullo e vexo impotencia.
O caos da escena paraliza meu ser
incapaz, perdido, non podo ver
penso e falo, non sei que facer.

Busco a forma de achegarme, tocar
cos dedos cubertos fochico o desorden.
Movo o océano e este non responde
négame o premio, a resposta, volven.

A presión do peito faise insoportable
sinto meu corazón, meus nervios arden.
Queiman, o fume brota dos meus ollos
Perdo a idea do que e estou facendo
O caos da escena agora son eu.
Repito o marmullo na idea e golpeu
A sangue cae en tono escuro, denso
miñas mans marchan, é inalcanzable.

Na honestidade cego vou, chora
Correndo ó interior, voa
miña mente, sola
soa
o Marmullo escuro da sangue
a sangue e o caos
a impotencia e a dor
incapaz e doente
a mente rompe e perde a cor
chora, sola. Arden sentimentos.
Sangue e Caos
vento
Sangue e Caos.

Pois velaquí o poema de hoxe, inspirado na música da miña cabeza, aquela que soa nas miñas mans, aquela que nubra meus sentidos. Cousas perdidas na miña memoria flotan agora no sangue.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela