Recordos futuros.

Hoxe volvín tentar escribir un poema sobre un tema que non consigo definir. De modo que para cumplir vou improvisar algo por eiqui a ver.

Vexo neles estrelas
luces escuras que alumean
a ialma que admira
o corpo da serea.
Grandes valeiros
E sobre eles a terra

De cor clara e loira
de rios enchida
dende eles vixían
os anxos do seu nome
Grandes Carreiros
que percorrer no ceo.

Branco e tranquilo
enche o todo
e fico perdido
voando e soñando
quizais estou tolo.
Estou abraiado
do rostro do mundo

Miro e miro
contemplo
respiro
dese cheiro lonxano
dese amor derradeiro
quen fora vento
que mova as súas ás
unha vez mais
conteplalas
o aire a terra
o mar escuro
un bico ansiado
un feixe nocturno
de xestos e vida

Respiro
quen fora vento
digo
o que sinto
quen fora vento
e irse contigo.



Pois nada,
 velaquí o poema,
 do corpo de outro vello,
 impersonal
, que non significaba nada,
 pensando sen mais,
 saquei este outro
derradeiro e verdade.
 Sentir da seus froitos

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela