Nudo mariñeiro
Desta vez toca ser feliz.
Ficamos parados
neste ínfimo mundo
calados e sordos
xuntos
pegados
o tempo por nos non pasa
non lle facemos caso
atados por bos nudos
os cabos nosos brazos
deixamos atrás a porta
entramos sen soltarnos
e ficamos parados de novo
mais esta vez sentados
rompe o silencio do mundo
verbas breves e sorrisos
queimamos a pel
no calor do roce
e ficamos quedos
atados
pegados
Despois deste momento
que faremos?
pois non sei que opinas ti
por min repetiremos.
Non adoito escribir cousas deste tipo, mais miña imaxinación da cousas e esperanzas que esbozan sorrisos na miña face, e estou contento mais nada, non preocupar que estou ben de saúde, pero hoxe quería darlle homenaxe a quen quero.
No faio hai moitas cousas e todas valen como excusa pra abrazarte.
Volverei escribir cousas turbias, non vos preocupar, pero tamén hei de exteriorizar que so feliz, que sodes moi pesados.
Comentarios
Publicar un comentario