Perdón polos infinitivos

 Non recordo a sensación de flotar

Tanto tempo no fondo, a presión 

Esquecín toda noción de nadar

Sinto miña vida unha ficción

Atrapado na perpetua inacción 

Sen vistas de mellorar


Non recordo xa os bós tempos

Sorrir é unha palabra sen sentido 

Un máis dos moitos verbos

Alleos ó meu corazón ferido

Xa sexa que o encollo ou estiro

Fica baleiro e roto en Anacos


Por sempre baleiro

Por sempre atrapado

No fondo enterrado

En recordos e dor

Perpetuo este estado 

Malos tempos estes

E con todo sego amando

Mais non teño quen amar

Estou afogando

Non podo respirar


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela