Na Romaria
Primeira dose
A respiración é profunda e calmada
A mente contaminada polas lembranzas
Silencio absoluto somente interrompido
Polo cotiá facer da burocracia,
Estou tranquilo
Estou triste
O sabor metálico chega ó meu paladar
Comezan a chocar os pensamentos
Voluntarios e involuntarios.
Pero miña voz é forte
Domina sobre as demais
Segunda dose
A gorxa profundiza no ferro
As fosas nasais bloquease en vano
Para evitar a entrada do veleno
Mais entra forte nos pulmóns
Vai direito ó cerebro
A respiración perde o compás
E se difumina meu pensamento
Hai conversa entre individuos distintos
Nunha sola voz inda.
Os ollos evitan a realidade
Esperan o momento da proxección
De novos patróns de cores.
Estou triste
Terceira fose
Entra a última gota de sustento
Non sen reacción contraria do meu corpo
O sabor é agora agrio e frouxo
O cerebro concéntrase na escritura
Brevemente
As palabras bailan
Ó son de Pink Floyd
Relaxoe por fin
Fálanme as e enfermeiras
Atandome a este mundo
Que desexo abandonar
Non hai máis loita
Meu corpo cede súas forzas
Fisicamente estou
Pero non importa
Agora a mente protagonizaa
Os últimos momentos nos que son capaz de escribir
E despois, cando eu deixei de escribir
Adiantovos a reacción
Pensarei só nela, en Uxía
Nos e eles
Eu e ti
Arriba e a abaixo
Cada quen ó final
Elixe súa aposta
Eu xa elexín
Todo a Uxía
E mais nada
E se fracaso na aposta
Que así sexa
Hei morrer sabendo
Que todo meu ser
Serviu para amar
Inda que non fora
Para min
Amote, quen queira que lexa isto
Amote
Non podo facer senon amar
Ata topar quen mereza o amor
Que boto e resumo
Corre
Chega o lonxe que queiras
E recordame
Non podo máis
Inda que miña memoria esquece
Lembrate do que fun
Por favor
Comentarios
Publicar un comentario