Política involuntaria
É curioso o papel dos astros no ceo
Neste mundo no que vivimos
Serven de tótem ó que adorar
Para aforrar en psiquiatría
Que diría altaïr nesta longa escuridade
Que nos rodea
Se soubera
Que o usan pra enganar
E roubar a quen non pode
Pagar o que debe
Ó final non son alleos
Ás penurias que vivimos
Mentres respiramos e durmimos
O mundo xira e os monstros coa lúa
Viven
Entre nós
Non hai capataces
Non hai rapaces de dourados xeonllos
Nin longas pernas adornadas con brillantes
Non hai mans inpolutas
Nós sós somos suficiente
Pra enarborar a bandeira
Vermella, branca e azul
E rematar coa inxustiza
Cos que cobizan
Un futuro de morte e soidade
Pra viviren ceibes de todo engano
De todo explorador
De todo aquilo que estoupa
Das bombas da miseria e a fame
Das relixións e inculturas
Que artificialmente nos separan
E ser dunha vez nós sós
Libres pra explorar
E liberar o mundo
E as estrelas
Mais aló deste ser que esperta
De mala maneira
E poder soñar por fin
Sen ter medo ó vivir
Libres
Nós
Sos
Comentarios
Publicar un comentario