Dano cerebral
Miro a lúa e a herba
Recordando momentos pasados
Algúns mellores e outros forzados
Como as rimas que compoñen todo
Darei volta e media
Para atopar na imperfecta circunferencia
Algunha referencia que me envíe
Mais aló das estrelas
E se caio no camiño
Que será, coitado de min, das risas
Polas prisas estampei o cohete
Neste satélite
Salto alto e longo
Facendo un novo camiño que seguir
E construír o tramo final a percorrer
Chegando á meta.
Observo atento os eixos da vía Láctea
E nela atopo o meu misterioso cerebro
E dentro hai alguén máis non son eu
É un ser misterioso e habilidoso
Que manexa os fíos cando lle peta
Titiriteiro ou costureiro é.
Rasgueo continuo e tremendo
Distorsión e saturación
Pensamento interrompido
Polo armonioso ruído
Quen era fai un momento?
Comentarios
Publicar un comentario