Á luz dun candil

No paseo novo 
do lugar extraño
vexo polo muro
escaleiras abaixo

'Vaiamos xuntos
nesta aventura
que espera a escuras
neste lugar'

Percorremos paseniño
as paredes do corredor
adornadas con coidado
con escenas de dor

As cadeas do teito colgan
douradas ferramentas
que portan candelas
poucas veces prendidas

Nas habitacións esperan
cuadros e tapices
de homes longo mortos
que vixian sua terra

Bailamos nas luces
do candil acendido
mentres imos cara o fondo
dun descoidado pasillo

as molduras rematan antes
o chan fica espido
as paredes sucias
todo ennegrecido.

'Neste lugar escondido
narrase unha vella historia
de homes persegidos
de luces e sombras
vaiamos mais abaixo
e contarei a historia
de como tinguiu de vermello
o chan que agora pisas'

E chegamos abaixo
e escondido na parede
de pedra mal tallada
lonxe das miradas
abrimos paso ó segredo

As escaleiras estreitas
alumeadas polo candíl
mentres recitaba aquel home
que fai pouco coñecin
no fondo unha escura sala
onde se fermentaban
os viños da antigüedade.

'Fai aqui moito tempo
teceu o destino o tormento
daqueles que viñan coa esperanza
o soño perseguido
de rematar coa tirania
e foron deixados e perdidos
nesta camara escura
encerrados tralos muros
eiquí descansan as tumbas
daqueles homes queridos'

No peito parado sinto a dor
as brétemas na mente nublada
mentres o home falaba
detrás xa non había nada
a escuridade absorvia
o mundo que atrás deixaba
non quero
deixar este mundo
teño medo
deste lugar
a morte espera.

'Eu son o recordo deste lugar
por poucos coñecidos
onde ordenaron meus devanceiros
acabar coa vida dos intrusos
e seus espritos inconclusos
inda adornana este escuro lugar'

Este é meu fin
meu lugar derradeiro
neste lugar morrerei
rodeado de tebras e ferro
sen ninguén ó meu lado
non o entendo
acaso fixen algo mal?
é meu este tormento?
non, non o merezo
vou morrer
teño medo

Interrumpo o soliloquio
Permiteme explicar
non quero estar eiquí
vin na procura de aventura
e enton te coñecin
agora estou temendo
deixame vivir
quero sair
non fixen nada mal
sinto a dor e o medo
da histoira que escoito
que ti estas a contar
deixame vivir.

'Espera por favor
non é miña intencion
non te queria asustar
tan so mostrar
esta vella historia
que me acompaña
por favor non teñas medo
non te farei dano
entendo que estes confuso
pero así é como vivo
so neste lugar
deixado da man do tempo
eres libre de marchar
contar ó mundo miña historia
a historia deste lugar
das paredes e escaleiras
das lampadas e as tebras
dos homes que eiquí moran'


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela