Rochas do peirao
Mesturamos as nosas verbas
topando nelas unha saída
deste longo inverno que forte
roa
rompe as rochas
que temos ó lado nosa
Na fronte dun mar revolto
de treboadas chegadas e por chegar
xuntámonos nolos dous soios
collidos da man
e rexamente aguantamos o temporal
Enfrontamos o destino incerto
máis chegará o vran
e co novo tempo
seguir da man
contra chuva e vento
Chegará
nolos dous sós
cos nosos derradeiros
pensamentos firmes
que non nos poderan quitar
nin estes ventos
nin os que virán
Duas verbas manteñen miña man firme
duas e mais ningunha, nada máis
aquelas que repito unha e outra vez
aquelas que oubilas quero
dame a mán
pois o vrán
terán chegado
cedo pasará
este temporal.
Comentarios
Publicar un comentario