Chiste sen graza

 Crávome as unllas na carne espida

zarpazo a zarpazo arrinco a pel

pra ver a sangue e os ósos

rompendo meu ser en anacos


deixo a mente en branco

afasto o meu pensamento

das verdes costas do recordo

non cair no remordemento

e morrer no intento

de soñar de volta cun futuro


cal foi a afrenta definitiva?

que fixo inborrable a ferida

pra merecer tal sino

de ostracismo e desgraza


as ideas acuden coma os peixes

cando a carnada é do seu agrado

con intencion de todo devoralo

alleas ó perigo que na superficie espera


E mentres a man gotea 

miña existencia se desvela

como soidade infinita

sen atisvo de esperanza

sen ganas de seguir

permanentemente...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Declaración

Ela